Deserto de centos
Deserto de centos é unha viaxe iniciática de Sonia Lebedynsky cara a un horizonte múltiple, distinto do punto de partida.

Deserto de centos é unha viaxe iniciática de Sonia Lebedynsky cara a un horizonte múltiple, distinto do punto de partida.
Temas propios afrontados dende o xénero de rock feito en castelán. Beben do blues de Chicago e da psicodelia dos sesenta (Hendrix, Cream,The Doors), con certos matices do jazz ou do soul, mezclando solventemente estas tendencias musicais coa canción de autor estatal de tradición roqueira (Quique Gonzalez, Ariel Rot, Los Rodriguez, Joaquín Sabina..)
Espectáculo teatral cuxo obxectivo é chegar o ser humano ao ser humano.
A intérprete Paula Quintana pregunta ao público se entre eles se atopa Paula Quintana, ten un paquete para ela que debe entregarlle. Xa non lembra canto tempo leva aí, pero non pasa nada, se hai que seguir esperando, espérase porque ela sempre cumpre coas cousas que hai que facer e faias como hai que facelas. A vida hai que vivila con sentido común e gozando das pequenas cousas.
Ivy Moon é unha banda de Santiago de Compostela que inicia o seu percorrido en 2014, debutando no Brincadeira Festival. A partires do seu nacemento, o grupo emprende un percorrido no que a constancia e o talento forman a base para conseguir grandes logros: En só dous anos, Ivy Moon suma xa 2 EP autoproducidos, concertos por toda Galicia e cidades como Madrid, Barcelona ou Granada. Foron finalistas de importantes concursos musicais como o EISV Music (Vigo) en 2015, o BDcoder organizado polo Dcode Festival (Madrid) e tamén o Queixo Maquetón do Festival do Queixo (Arzúa).
Ith, o grupo de rock que toma o seu nome do fillo de Breogán, estrea no 2016 o seu proxecto “FORTE”. Este último traballo está cheo de temas que navegan entre o Rock e o Pop máis enérxico. Todas as cancións están escritas en galego e son de composición propia. Todo unha aposta “FORTE”.
Este álbum, que Ith presenta en 2016, foi totalmente autoxestionado, dende a súa creación, gravación e ata os labores edición.
Sinopse: Alvertadas, así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro. É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais. Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado.
Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade conesaxeración, destripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola.
Frankie Chávez estableceuse como un dos músicos máis orixinais da nova escena musical portuguesa; referíronse a el como a nova revelación de blues do sur de Europa.
A súa música combina unha ampla gama de sons que resultan nun blues/roots/rock composto por ritmos limpos e outros máis crus e psicodélicos. Aínda que se poden identificar moitas influencias musicais diferentes (Robert Johnson, Jimi Hendrix, Kelly Joe Phelps, Ry Cooder) é case imposible definir a súa música cunha soa palabra. Frankie posúe un estilo único e distintivo.
Far Away Place é un grupo de rock formado en Ferrol en 2010, composto por catro rapaces cheos de enerxía. En 2014 proclámanse gañadores do EISV Music (Vigo) e en 2015 gañan o concurso "Outra + Outra". O seu repertorio, consistente case na súa totalidade de temas propios, cargados de electricidade, ritmos esmagadores e riffs rápidos de guitarra non deixará a ninguén indiferente. O son conserva a esencia do máis puro hard rock dos 80, e a súa posta en escena lembra á de míticos grupos como AC/DC.
Cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O. ofrece unha actuación en solitario na que estará acompañado polo seu maquineto, un vello sampler que permítelle repetir gravacións feitas a se mesmo para animar....
Esta programación pode sufir modificacións.