Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Gold&Colt

Gold&Colt é unha das bandas máis representativas de folk americano en Galicia. A súa música é unha mistura entre o delta blues e o country que nos fará viaxar ao outro lado do Atlántico. O sonido dos seus enérxicos concertos non deixará indiferente a ninguén.

Formada por Dany Moure e Roberto Fernández, a banda comeza a dar os seus primeiros directos en formato dúo no ano 2014. En 2015 súmanse a este proxecto o contrabaixista Juyma Estévez e o batería Michi Castro.

Galego

Gdjazz Trío

GDJAZZ TRIO é unha formación de jazz acústico enfocada na interpretación de temas do estilo "hard-bop" incluindo tamén música orixinal do seu band-leader Javier Pereiro.
 O trío ven a ser unha das formacións que brindan máis liberdade aos músicos nos campos da interpretación, expresión artística e comunicación, permitíndolles acadar unhas cotas de enerxía e emotividade por riba do habitual. Ó mesmo tempo este formato resulta altamente desafiante pola súa dificultade, xa que como se soe dicir, canta máis liberdade, maior responsabilidade.

Galego

Cool Funeral

Cool Funeral é unha banda das Rías Baixas galegas creada en 2012. O seu primeiro disco estrenouse a finais do 2015, leva por título “You drive me crazy” e está composto por oito temas orixinais que misturan blues, rock&roll, grunge ou mesmo punk, tratando de abordar e reflexionar nas suas cancións sobre os motivos das múltiples violencias que os homes temos exercido a través da historia, e visibilizar as voces dos colectivos e persoas oprimidas por esas violencias, e unirse a elas.

Galego

Cherry Sweet

Volta aos anos 50 con Cherry Sweet!! As harmonías vocais destas tres grandes cantantes fannos viaxar  a outro tempo cheo de glamour e swing.

As tres voces galegas acompañadas da guitarra/baixo repasan grandes cancións de todos os tempos impregnándolles o seu característico son e elegancia.

Galego

Banda Crebinsky

Esta agrupación saca no 2010 o seu primeiro disco, titulado Banda Crebinsky, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir deste momento comeza a ofrecer concertos en diversos formatos e acadan importantes premios.

En marzo do 2012 sae á venda o seu segundo disco, Jet Lag, publicado por Boa Música, no que a Banda opta por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos,f ranxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Galego

Presentación do disco Sexercise

 A formación liderada polo cantante e guitarrista Adíán Costa consegue dar unha volta ao sonido dos anos 60 e recréarase unha espiral de influencias. Dende o son de Nova Orleáns ata os primeiros The Kinks, sen esquecer as súas reministencias latinas. Unha banda con gran carácter vocal sen reparo a mezclar equipos de válvulas sintetizadoras.Como eles mesmos se definen
Modern Vintage.

Galego

The Lollipops & Piano

Este concerto é unha homenaxe ao trio vocal "The Andrew Sisters”. Elas especializáronse sobre todo no swing, o boogie-woogie, e novedosos hits co seu selo persoal: rápidas síncopas vocais.Tamén fixron grandes hits de jazz, baladas, folk e música relixiosa

Ao igual que naquela época, a través de temas como “In A Mellow Tone”, “Lil' Darling”, Hit That Jive” etc., o pianista Cristian Leggiero acompaña ao trío vocal feminino "The Lollipops", que harmonizan a tres voces calquera tipo de melodía.

Galego

Emilio Rúa en concerto

Espectáculo íntimo pero intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade. Gañou os premios nacionais de Cantigas de mayo ( Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx ( 2006 ),cantando sempre en galego.
 
Trátase dun repaso aos seus cinco discos editados polo de ágora durante 15 anos de carreira discográfica e dun percorrido musical a través das cancións xa publicadas  e de temas populares da cultura galega, reinterpretados dunha forma personal e festiva ademais de poemas de grandes e clásicos autores da poesía galega.
 

Galego

Os da ría íntimos

Os da Ría Íntimos nace como escisión amistosa do espectáculo Chin chin por Os da Ría, co motivo de conseguir unha formación máis pequena e adaptable a todo tipo de espazos, non só grandes teatros ou grandes eventos senón salas de menores dimensións de todo o territorio galego.
Nesta ocasión só soben ao escenario Arturito, Fabián e Susito Pián.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo