Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maryland en concerto

Presentación do seu novo disco, unha proposta clara de guitarras afiadas e bases contundentes, una madurez que non significa necesariamente ir converténdose en algo máis repousado.

 As voces, moitas veces a dúo, xúntanse coas guitarras creando melodías espectaculares.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde se celebra o concerto.

 

Galego

A órbita do lucecú

Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, as veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.

Galego

Concerto de Los Mecánicos

Fernando Esclusa (Guru Deva), Fran Castro (ex Strauss, Mr. Dixie Jazz Band) e Fernando Lamas (Lovely Lúa, Mr Dixie Jazz Band) proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Estes mozos e xa veteranos músicos  xuntáronse co san obxectivo de reverenciar tan inmenso legado do pop-rock anglosaxón de formacións tan extraordinarias como The Beatles, The Kinks ou Small Faces que se mesturarán de maneira explosiva co variado cocktail de artistas tan estrañados do rock hispano como Os Salvaxes, Os Bravos, Fórmula V ou Os Brincos.

Galego

Superoito

Superoito ofrece un espectáculo sonoro composto por máis de vinte cancións seleccionadas a pulso entre os seus tres traballos discográficos. Un repertorio axustado á medida logo de máis de cento cincuenta concertos onde se demostrou autosuficiente para darlle a volta ós escenarios.

Galego

Igmig en concerto

Nacho Muñoz e Mig Seoane comezaron a traballar xuntos no ano 2000, realizando diversos proxectos de arte sonoro, multimedia e música. Ambos foron parte nas orquestas de improvisación O.M.E.G.A e Metamovida, fundaron xunto a outros artistas a comunidade de arte Alg-a e compuxeron música para cine e televisión. Tocaron xuntos durante anos con Budiño e formaron parte do proxecto de German coppini e o comando delta Asi mesmo son responsables da producción musical de discos de outros artistas galegos.

Galego

Frik&Paldis

Diego Frikipaldi é o resultado do primeiro disco en solitario de Diego Piñeiro, onde esta vez é o quen interpreta as súas cancións.
 En decembro saca o seu primeiro disco titulado: Preparado para malvivir felizmente do rock co seu  primeiro videoclip Música de Caravana
 Nos directos en solitario ou en trio combina as súas cancións con versións das súas influencias como son La Guardia, Los Secretos e La Unión.

Galego

Fernando Tato

Fernando Tato toca e canta as canción do seu disco El animal en mi acompañado por un músico multiinstrumentista que alterna guitarra acústica, elétrica, trompeta, caixón, percusión, e baixo.

Unha maneira distinta, mais íntima e espida, de desfrutar das súas cancións.

Galego

Querida alegría

Espectáculo íntimo pero intenso dun dos cantautores galegos con máis proxección na actualidade.

Título que fai referencia á súa canción Querida alegría do seu primeiro disco do ano 2000, coa que gañou os premios nacionais de Cantigas de mayo (Ceutí-Murcia 2004 ) e Jóvenes cantautores de Elx ( 2006 ), cantando sempre en galego.

Galego

Ten Dez

Ten Dez é o título do primeiro disco en solitario de Javier Marcos, grabado a quinteto con Rosolino Marinello nos saxos e clarinete baixo, Felipe Villar na guitarra, Jose Manuel Díaz no contrabaixo e Max Gómez na batería.

Ten Dez é unha compilación de standards e outras cancións de autor cantadas en inglés e galego-portugués.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde ten lugar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo