Concerto de Gonzalo Arca
Tras o seu paso por bandas como Vao Permanente, The Preachers e Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca.
Alone At The Crossroad (Dotbeat, 2014), preséntase como unha das revelacións para este ano 2015. Un traballo que camiña entre o Rock, o Soul e o Country, cos sons clásicos americanos, pero cun aire Pop que o actualiza. Cancións sinceras e honestas que transmiten por momentos certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos atopados que flúen en perfecta harmonía a través dunha voz moi especial.