Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Martelo ao Vivo

MARTELO é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena estatal do Rock.  Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os poucos que escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais influencias. Para sair de dúbidas, nada como velos en directo..

Galego

Xabier Díaz Trío

Xabier Díaz compaxina as súas facianas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego.

Foi cantante titular da compañia Nova Galega de Danza. Entrou a formar parte do grupo Berrogüeto onde participou dende comenzos do 2008 ata este mesmo ano o que a banda anunciaba a súa disolución. Ademais, participou con Guadi Galego, Guillermmo Fernández e Xosé Lois Romero no prxecto aCadaCanto.

Galego

Weli Kings

Adaptacion de Clasicos do cancioneiro galego ao estilo da banda viguesa Weli Kings, + os clasicos temas os seus dous traballos anteriores ("Onde Está Cosme? " e "Dámelo").

Galego

Transformando o presente. Maxia e música en clave fantástica

A arte da transformación, a través do ilusionismo e a música.

Maxia e melodías pretenden alterar a nosa realidade, nun espectáculo cheo de efectos sonoros e emocións visuais.

Cordas, cadernos, asentos que cobran vida, sorpresas a dúo, espadas, cabinas de outro tempo, humor, participación dos espectadores...e un baixo eléctrico, proxectan situacións surrealistas, formulando se o que estamos a ollar corresponde co que escoitamos, ou se o son que percibimos está neste presente ou en outro.

Galego

Concerto de Inerttes

Inerttes nace nun barrio de Vigo a finais do ano 2004, aínda que non sacará o seu primeiro traballo discográfico até maio de 2008. Este EP, titulado “Starpez” e producido por Paco Serén, permítelles gañar o “Maketón Estrella Galicia” dese mesmo ano e chegar ás finais de diversos concursos a nivel nacional, así como a formar parte dun recompilatorio de música emerxente de fala hispana editado en Lima (Perú), polo selo “Madrugada Discos”.

Galego

Concerto de Odaiko

A idea de Galician on Board é facer unha viaxe no tempo trasladándonos ao s.XIX e representar o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc., están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusivatratada dun xeito vangardista.
Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se mesturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar un pasado que dá resposta ao noso presente.

Galego

Concerto de Foxy Freire

Xa vai para cinco anos que os catro compoñentes de Foxy Freire -Virxilio da Silva, guitarra e voz; Fernando Sánchez, guitarra; Paco Charlín, baixo e Max Gómez, batería- decidiron desmelenarse e darse o gustazo de crear un grupo que recuperase o son da música coa que creceron. Podería parecer tan só un divertimento ou un desafogo dos seus quefaceres jazzísticos, pero o proxecto callou en directo e agora consolídase coa autoedición do seu primeiro disco, Mongoose Tree.

Galego

Los tres

Trío de rock que nace como proxecto paralelo a La banda del camión formado por 3 de sus componentes:

Nieves á batería, Roco ao baixo e Gandy á guitarra e voz.

Ofrecen un repertorio de versións e temas propios para deixarte sen respiración

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo