Alberte Contador
Como o ciclista, efectivamente. Até aquí o único en común entre Alberte e o de Pinto é o nome, un xogo de palabras "enxeñosirmo" que dá título a este novo espectáculo do monologuista galaico-catalán.
Alberte fala de ciclismo, das sestas que bota vendo o Tour. Da dopaxe, a que hai no ciclismo e a que hai en San Fermín, e tamén da súa relación co deporte, relación parecida á que Superman ten coa kriptonita.

