Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Unha noite co Mago Xacobe

Unha noite con Xacobe é o espectáculo máis íntimo do Mago Xacobe.

Mestúrase un humor irreverente pero refinado, imitacións, artes afíns á maxia, monólogo e improvisación con potentes efectos de maxia e unha gran participación dos asistentes.

Un espectáculo para adultos no que a complicidade co público resulta fundamental.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos propios lugares onde se celebra: A Fundación

Galego

Chungo. Monólogo de Petróleo

Luis explicanos as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor persigueo o chunguismo, sen dúbida nengunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra: Sala Super 8

Galego

García MC & Pequeno Quilombo

A inspiración do vivido no WOMEX 2016 en Santiago de Compostela, a feira de world music máis importante do mundo, foi a que fixo que aflorase esta nova idea: Nación Quilombo. Froito de 20 anos como MC, García sorprende liderando un espectáculo innovador, unha banda composta por 4 instrumentistas e un DJ onde se combinan os ritmos do mundo e da diversidade con hip hop e coa palabra como centro.
 
Para esta proposta de salas, a Nación Quilombo convírtese no Pequeno Quilombo, unha proposta máis reducida pero sen perder forza.

Galego

Miki Nervio and the Bluesmakers

Miki Nervio and the bluesmakers vén xustamente de grabar o seu último disco, "Let the old times roll", onde se confirma a súa aposta por revisitar as músicas afroamericanas dos anos 1920, 30 e 40, con toda a súa variedade de estilos, pero sempre pasados polo tamiz do Blues e da música feita con sentimento.

A programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horarios nas propias salas das actuacións: A Ventana, La Casa de Arriba e SalaSon

Galego

Max Gómez

 Estes tres músicos de contrastada experiencia a nivel nacional e internacional xuntanse para dar unha visión particular do jazz contemporáneo. Un repertorio que recorda todas as épocas desta música, o blues, bebop, hardbop, etc.... Sen perder de vista a vangarda.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horarios nas mesmas salas dos concertos: La Casa de arriba, Borriquita de Belem y Var con V.

Galego

Maryland

'Los años muertos' é un disco de confirmación, cristaliza unha proposta clara de guitarras afiadas e bases contundentes, una madurez que non significa necesariamente ir converténdose en algo máis repousado. As voces, moitas veces a duo, xuntanse coas guitarras creando melodías espectaculares.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirma na sala do concerto día e horario: Bar con Uve, Sala Super 8 e Moon Music Club.

Galego

Lucía Martínez Cuarteto

Dona de inigualable técnica e sutileza á hora de tocar, a versátil multi-instrumentalista pertence á nova xeración de músicos de jazz europeos. O seu estilo está influenciado pola música folk de Galicia, a música clásica, o flamenco e a música do Mediterráneo, así como pola nova música de vangarda europea.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas mesmas salas dos concertos: Concerto Jazz Filloa e Sala Son.

Galego

Paracetamol

O trío formado por Cristina Pena, Roque Cameselle e Coque Varela presenta o seu disco Enfermedades Comunes (Rumble Records, 2013), longo producido por Pablo Novoa (Golpes Bajos, Mastretta, Iván Ferreiro) e gravado e mesturado por Javier Abreu e Luis Antelo, formado por once cancións repletas de sons punk, pop e power-pop que lles emparentan con grupos como F.A.N.T.A., Airbag e Blondie, entre outros.

Galego

Juventud infinita

Novedades Carminha volve á carga para que tú lo bailes. Despois de Te vas con Cualquiera (Bowery Records, 2009) presentan o seu segundo LP, Jódete y Baila (Lixo Urbano, 2011), que evoluciona cara un son máis garaxeiro e bailón, rozando o lo-fi e achegándose estilísticamente ás bandas americanas da nova onda de garaxe, coma Black Lips, Jacuzzi Boys ou Harlem.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo