Talabarte
Talabarte é nun novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.
Neste proxecto únense tres músicos coñecidos da escena musical galega, o violino de Quim Farinha; o acordeón diatónico de Pedro Pascual; e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes.
O repertorio complétase con composicións propias, que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.

