Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Odaiko & Vanesa Muela

Novo espectáculo de Odaiko na compañía de Vanesa Muela, artista admirada na escena musical polo seu labor de posta en valor da música tradicional castelá-leonesa.

A sinerxia musical que acadan os músicos de Odaiko e a intérprete e percusionista castelá demostran que na música, cando o sentimento é conxunto, o resultado é inmellorable.

Galego

Cores, contos e Rock Roll

“Contos, Cores e Rock´n´Roll”chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Galego

Lume

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can....
Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Galego

Soul&Roll

Soul&Roll propón un espectáculo musical acústico innovador que marca a diferenza co seu repertorio do mais completo e variado cuns arranxos músicales-vocais adaptados e traballados minuciosamente, unha voz, coros vocais, guitarras acústicas, baixo, ukelele, percusión menor, bombo e un "Loop Station" que permite tocar todos estes instrumentos e facelos soar á vez creando os bucles musicais máis espectaculares e sorprendentes que, peza a peza, constrúen os grandes éxitos que todo o mundo desexa escoitar en VIVO E RIGOROSO DIRECTO. 

Galego

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Galego

Os músicos de Bremen

Espectáculo de animación de rúa con cabezudos e música tradicional en directo.

 Os famosos músicos de Bremen chegan á vila!

O burro, o can, o gato e o galo fixéronse amigos e banda fai moito, moi tempo. Coñecéronse camiño de Bremen, cando fuxían dos seus donos que os querían pasar polo coitelo por seren vellos.

Desde aquela, van de pobo en pobo coa súa música para facela festa.

Neste espectáculo de rúa mestúrase a música tradicional con accións teatrais e moita interacción co público

Galego

Concerto de Fanfarria Brassica Rapa

Brassica Rapa é un grupo de música popular nacido a finais do 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado íntegramente por rapazas, tocando instrumentos de vento metal e percusión crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Dúas trompetas, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen o seu persoal, que pretende reivindicar a presencia da muller neste tipo de agrupacións a través da troula.

Galego

Terras de Queimada

Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO QUEIMAN e de dúas Bruxas con Danzas de lume que invocarán os Deuses Galaicos a través do lume, música  e a forza escénica, donde mezclarán a tradicional queimada con novas tendencias escénicas.
Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra a través dos bruxos e bruxas, da Santa Compaña, da Queimada, etc. Os actores interactúan co público facendoo partícipe do espectáculo e para purificalos a través do lume, da queimada e das danzas.
Obxetivos do Espectáculo

Galego

A illa sen tesouro

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

A illa do tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos.  Apoiados nunha escenografía dinamica que se transforma nun mesón, nun barco, nuha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público, da fabulosa aventura de piratas.

Música, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Galego

A familia unida

Unha oferta laboral, unha colocación para sempre para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles. André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa: Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festiva á responsabilidade e seriedade das circunstancias. A través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e mesmo a morte.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño