Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

A verdadeira historia de Hamelín

Elenco: David Merelas

Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O frautista de Hamelín” no que descrubriremos o que sucedeu en realidade.

A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestane fan imposible a vida dos seus habitantes.

Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”.

Galego

As viaxes de Filipa

Nova sesión de contos para público familiar, terceira da compañía de teatro e clown «Bandullo Azul», con Filipa, (marioneta), como protagonista, e o actor Fran Campos.

A narración oral volve ser o fío condutor deste espectáculo para público familiar, que xunto coa teatralización e a música, farán unha crónica das «Viaxes de Filipa» por todo o mundo abordo do seu globo.

Galego

Contos vellos Novos finais

Baixo o paraugas dun mesmo espectáculo "Contos vellos novos finais" ofertamos tres espectáculos diferentes segundo os contidos que se queiran abordar. Cada proposta ten unha persoaxe, unha trama e unha proposta escénica diferentes. Sempre dende o bo humor, a narración oral e a educación en valores.

- Médico: Un médico ven a diagnosticar o sexismo. Traballamos contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, brecha salarial, reparto laboral segundo o sexo, ...)

Galego

Fíos de ouro no ar

Rodrigo Romani é un músico coñecido para o público galego e español, primordialmente entre os amantes da música de raíz , polo seu traballo como fundador do grupo Milladoiro , co que percorreu o mundo durante vinte anos, promovendo o uso do arpa céltica na música galega e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila por todo o planeta.

Galego

Oye Como Va

Swing Sentido  é un grupo de música integrado por un quinteto vocal e un percusionista.

https://www.facebook.com/swing-Sentido-258644194555550/

Formado na Coruña no ano 2016, interpreta versións de temas de jazz, cancións latinas e éxitos de música pop.

Os seus compoñentes son:

- Ana Belén Manteiga Presedo: Soprano

- Irene Añón Lixou: Mezzosoprano e Dirección Artística

- Ileana Delgado Fuentes: Contralto e Dirección Musical

- Andrés Meléndez Chas: Tenor

Galego

Planeta LGTB

É un paxaro?, é un avión? .... non é  R2- P2, un alieníxena provido do Planeta  LGTB que viene de expedición ao noso planeta coa intención de aprender a valorar a diferenza. No seu planeta todos visten igual, todos os días comen o mesmo (chourizos con xudías), ... todas as familias son iguais.  Nesta viaxe aproveitará a presenza do público para inquerir como é a vida no noso planeta. Polos nosos costumes, as nosas tradicións, o que nos gusta, .... a través deste diálogo co público nenos e nenas poderán falarlle de como no Planeta Terra valoramos as cousas diferentes ....

Galego

Un verso, un cantar

Elenco: Bruxo Queiman (actor), Andrea Pousa (cantante) e tres músicos

Un verso, un cantar nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplio abano de sensacións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño