Pasarrúas
Pasarrúas tradicional do grupo Carapaus.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Pasarrúas tradicional do grupo Carapaus.
Canta, Buguina, canta!
Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.
Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois,
galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.
Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.
Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de
tea ao son da música e as palabras.
A familia sae facer a compra, iso si, con moita marcha! Sempre bailando e de bo humor, contaxiando ás persoas que se atopen desta alegría!
Ao levar microfonía inalámbrica, hai posibilidade de ir anunciando a labor que se lles encomende.
DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.
Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, vense na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.
O espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, xa pola terceira edición tras un ano dende a súa estrea.
O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.
"Somos Encaixe, unha potaxe musical nacida das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñemos esta formación vocal".
Toda esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país, facendo versións vocais de grupos como Marful, Dhais ou Berrogüetto, aínda que tamén teñen un amplo repertorio de temas moi coñecidos de todos os estilos e todas as épocas.
Espectáculo de Novo Circo polas rúas.
Miki Dkai é un cómico gaditano, residinte en Alboraya (Valencia) dende fai 4 anos. No espectáculo “Humor 100% Amarillo” fálanos dos tempos de antes, da TV que víamos de rapaces comparandoa á de agora e outros tantos temas… Miki traenos un humor gaditano, pero con corazón de Nano. Él está disposto a trocar o Vino Fino pola Horchata.
As producións realizadas por Manoele de Felisa son unha alternativa para achegar ós oíntes o xénero literario poético.
Onde, a través da poesía musicalizada, teremos a oportunidade de entrar en contacto coas verbas de diferentes autres referentes das nosas letras; como poden ser Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro, María Mariño... Entre outros moitos poetas que o cantautor ten recollidos nos seus oito discos editados.
Un formato acústico que se adapta a todos ámbitos, presupostos e públicos.
contemporaneidade e arroupado por talentosos músicos provintes de diversas xeografías e
afines ao world jazz. Purofilin, baixo este concepto; reinterpreta os sóns de La isla, aberta a
Latinoamérica, xusto na medida e o estilo de Jamila Purofilin, xa recoñecible pola crítica e
o público.