A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Samudra Trio nace da inquietude de facer unha proposta diferente ao estereotipo de recital de cámara. Nesta agrupación formada por frauta, cello e piano, mimetizamos esa unión de tres aguas, tres timbres e tres mulleres intérpretes.
Odaiko presenta Ritmo do camiño baseado nos tres pilares do folclore, PERCUSIÓN, DANZA E VOZ; tres elementos abrazados da contemporaneirade e da frescura que Odaiko aporta o panorama musical.
Partindo da base de catro Licenciados en Percusión clásica e de grandes representantes da danza como son Nova Galega de Danza, nas gaitas acompañáronnos nestes 15 anos, Budiño e Anxo Lorenzo, nas voces Guadi Galego e Xiana Lastra....
Sinopse: O Consello Municipal está reunido para determiñar se o pago do rescate da bibliotecaria municipal debería figurar como gasto de persoal ou como un gasto do fondo de Cultura... Un brote de varicela entre a banda de secuestradores complica ainda máis as cousas: poucas persoas quedan ben con granos na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. O inxenio e o corazón da bibliotecaria raptada fará virar os acontecementos e traerá novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores.
O que levamos nas maletas é un percorrido musical e lúdico centrado nas últimas cancions de Magín Blanco. Das súas maletas van aparecendo elementos ( titeres, libros, bonecos, ferramentas, instrumentos de percusion etc..) que introducen cada canción e convidan a interactuar nesta achega para convertila nunha festa onde todos poidamos sentirnos integrados e participes.
Gran espectáculo de maxia infantil-familar cos mellores magos e magas de España.
O Mago Paco reune os mellores magos infantís de España para facer un dos mellores espectáculos de maxia adicado o público infantil-familiar que poidas chegar a ver.
Un gran evento máxico que encherá a vila de ilusión, risas, abraios e moita moitas sorpresas.
Sumérxete no mundo da fantasia e deixa ceive a túa imaxinación. Volve a converterte nun neno ou nena e verás que todo é posible da man destes artistas do ilusionismo.
Elenco artístico: Darío Escudero, Miguel A Otero, Juan Collazo, Joaquín Rodríguez e Antonio Ocampo
A partir dunha escenografía impactante feita en galicia por Hipia Celta Cia. e musicado por Odaiko surxe este espectáculo creado para a Animación de calquera vila galega donde a Maxia, a música e o circo fan del un especáculo único.
Espectáculo de nova creación, no formato de teatro itinerante e animación de rúa, ambientado na Europa do Leste de principios do Siglo XX.
Esta é a historia dun destista dos Cárpatos ambulante, que percorre co seu carromato as vilas en busca de pacientes para a súa consulta; a través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas ( clown , música en directo, maxia, títeres ) coñeceremos o seu curioso pasado, e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.
O espectáculo “O Cego na Feira” trata de recrear esas “actuacións” que facían estes personaxes polos pobos e aldeas galegas. Oli Xiráldez como Cego e Gustavo Couto como Lazarillo, interpretan romances, crimes, mitos e historias recollidas na nosa tradición pero van un pouco máis lonxe. Aportan un toque de humor ao que foi este duro oficio na antigüidade, e crean novas historias con temas actuais que por desgraza nunca pasan de moda; tales como a política, a nova emigración etc, pero sempre dende o punto de vista irónico e sarcástico da vida.
“Frear o momento” é o quinto traballo discográfico de Ith. Os oito temas que o conforman beben da creatividade dos últimos dous anos. Fieis ao puro estilo da música rock, as composicións tratan temas ben diversos entre si, mais todos xiran arredor dun eixo común: a reflexión.