Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Dous no camiño

Dirixida por Avelino González a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte, Dous no camiño foi creada especificamente para a programación do Xacobeo Vive o Camiño 2017. Nesta montaxe, dirixida a todos os públicos e cunha posta en escena moi sinxela, revísanse tres das lendas xacobeas máis populares: a do cabaleiro francés Roldán, a da barca de pedra de Muxía, e a traslatio do Apóstolo Santiago a Compostela.

Galego

Combina

“COMBINA” é un espectáculo que combina maxia, humor e participación do público. Unha proposta todoterreo con números de maxia de diferentes especialidades. Maxia visual, escapismo, mentalismo, viaxes máxicos...

Todo isto co estilo único de Dani Polo, unha combinación de elegancia cun toque desenfadado e xuvenil.

Galego

Xabón Lagarta

Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.

Galego

Consertasso na horta

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso!

Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

Galego

Contos de defuntos e outros asuntos

Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non eran tan santa, de aparecidos e visións... de todas estas cousas que rodean a vida e a morte en Galicia, e das que nunca está de máis falar un pouco. Porque o mundo cambia.

O noso mundo, o dos vivos... e quen sabe se o dos mortos tamén cambiou! Porque, aínda que haxa luz eléctrica, nunca se sabe onde se che pode aparecer algo...

Galego

Cirkote

CIRKOTE circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.

KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

Galego

Os Bregadiers

Ritmos swing, jazz, rock&roll en todas as rúas a cargo de Os Bregadiers, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas.

Inspirados nas brass bands, fanfares, bandas gipsy, etc... os Bregadiers son herdeiros desta tradición, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Galego

Clownamorado

Sobe o pano, comeza a función. Pero nada máis arrincar, o clown namórase tolamente dunha persoa do público. O seu corazón vai a mil, ponse tímido e nervioso e perde a concentración. O show cambalea e todo sae do revés, canto máis intenta impresionar ao/a seu/súa namorado/a, máis aumenta o caos.

Galego

Animacreques

En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa.

Ánxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño