Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Canta, baila , xoga

Pandilluky" co seu espectáculo canta baila xoga. Un show para todos os públicos co que pasar unha hora divertidisima. 

Cantaremos cancións coñecidas por todos e por suposto bailaremos moitisimo. Para todo isto contaremos con catro personaxes moi divertidos a vez que diferentes, que mantendrán todolos protocoles para facer disfrutar dun espetáculo sin igual!

Galego

A grandeza do pequeno

Facerse pequeno mola. Se non, ollade para os dinosauros, moita ansia por medrar e mirade como lles foi… A nós estanos pasando o mesmiño. Pero non temades porque están chegando mandas de xentes miúdas para axudarnos a entender que o que nos fai grandes ou pequenos non é o noso tamaño, senón a nosa e capacidade de soñar e de tomar decisións. Soñemos grande e fagámonos pequenos! 

Galego

Gozar, sentir, bailar

La Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova. A mestura de ritmos latinos coa rumba máis quinki fará que baile todo aquel que se deixe levar polos temas do seu primeiro disco: "Gozar, Sentir, Bailar". Únete e sé un Quinki máis, pídecho o corpo!

Rodri Martínez, Yago Oliveira, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña, Valverde e Rocío forman esta banda que naceu como resposta artística ao encerro en pandemia que nos privou dos directos.

Galego

Leo e as cores

Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores.

Será capaz Leo, ca vosa axuda, de devolverlle as cores aos seus amiguiños?

Galego

Peor imposible

“PEOR IMPOSIBLE”

O cuarto espectáculo de Peter Punk. Un novo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que se deu a coñecer. E onde da mostra da súa veterania e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.  

Galego

A illa sen tesouro

A illa do tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos.  Apoiados nunha Escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nuha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Galego

Hoxe si!

Hoxe é o día.

Hoxe Ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus … “SOÑOS PENDENTES POR CUMPRIR´´ Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para Mañá.

Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.

Galego

Xogando a reciclar

Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público...

Neste obradoiro teatralizado, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe.

Pasamos a vida xerando lixo, practicamente todo vai envolto ou nalgún “paquete”, por iso é importante saber onde vai cada cousa. E a mellor maneira de aprender é XOGANDO E RINDO!

Galego

Malabarian on the Rox

Malabarian, reputado e elegante malabarista, vese nun apuro antes de comezar o show no que terá que intervir unha espontánea e inesperada axudante coa que lle acontecen todo tipo de situacións.  Ó final, conseguen sair airosos. 

Malabares clásicos, con antipodismo, malabares coa boca, hulas hopps, e moitas dosis de  humor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño