Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Cuacac!

Ser diferente aos demais non debe avergoñar a ninguén, o importante é cómo xestionar esas diferenzas para afrontar o futuro. En CUACAC!, atopámonos cun personaxe torpe e caótico que amósa mediante as técnicas do slapstik (golpes, caidas, acrobacia excéntrica...), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, un personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as suas debilidades se transforman nas suas fortalezas.

Galego

Conto contigo

Espectáculo de contacontos, con monicreques, maxia, animación  e sorpresas.

Enfocado no mundo dos  libros, a súa maxia.

É unha proposta moi divertida, participativa, amena, participativa e educativa.

Galego

Circo Krasnovarak

Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnobarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!,

Ao pouco aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!!

Haberá que  buscalos!

Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais:

O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón!

Galego

Chuches a mil e un conto ao revés

Eirín e Milucha son dous irmáns que cada noite traspasan os portóns do Mundo dos soños na nave do afable monstro Suitjar, co que vivirán unha chea de aventuras marabillosas. Un conto ao revés é a historia de cada un dos soños destes nenos, narrados por un ser próximo a eles. Estas aventuras falan de amizade, respecto á natureza, lecer saudable, a igualdade de xénero e o fantástico mundo das ensoñacións. Todo acontece a través dunha fantástica banda sonora composta de cancións  de corte pop e rock. Para bailar, cantar e pasar unha velada xenial.

 

Galego

Canela

INTÉRPRETES: Jaimi Neves, Noelia López, Diana Monserrat, Myriam González, Sara Trellez, Samuel Galán, Irene Varela e Lucía Vázquez.

Peza de Danza Urbana / Experimental  para rúa e espazos non convencionais (adaptable a teatros e auditorios).

Duración: 20 min.

Sempre presente, sempre honesta, afrodisíaca e aromática, CANELA esperta os teu sentidos, transportándote moi lonxe, ás terras das esmeraldas.

Ela é “CANELITA EN RAMA”.

Galego

Astrolabios

“Astrolabio” é unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. É un aparello que se inventou no século II a. C. Porque a curiosidade polo firmamento comezou na Humanidade nin se sabe cando!

Galego

Animal sagrado

Elenco: Diana Mera e Jorge Gallardo

Sinopse:

Lembra que ti tamén tes alma de animal

A partires desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.

Galego

Ancestros en concerto

Un espectáculo diferente, innovador e creativo froito de unir a música celta, a cultura e mitoloxía galega e os antepasados históricos con influxos nórdicos, fusións étnicas e tradicionais.

A posta en escena é unha viaxe de retorno ás nosas herdanzas culturais, pasando por poboadores castrenses, celtas, romanos, suevos, e incluso polas tribus indíxenas.

A simbiose da música, a representación escénica e a iluminación forman un conxuro máxico que envolve ó público durante 80 minutos

Galego

Concerto de 2nafronteira

Este concerto propón  a recuperación do harmonio de igrexa como instrumento concertístico. Se hai un harmonio en estado como para ser empregado, o grupo habitualmente realiza polo menos 2 cancións co harmonio da igrexa. Ademáis, o harmonio portátil, ó lado da nickelharpa e a percusión, acompañando a voz. crean un concerto máxico e particular. Ó final do concerto os músicos adoitan a conversar co público que se queira achegar a coñecer estes instrumentos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño