Novecento Cabaret
Un espectáculo de danza-teatro e cabaré pensado para prazas e escenarios en aberto.
Plenamente evocador. Unha viaxe polas emocións, o arte e a música que recrea as vangardas e movementos políticos de principios do século XX."
Un espectáculo de escenario que nos traslada a principios do século XX, a un periodo marcado pola guerra e a aparición das primeiras vangardas. Innovador, cunha estética "vintage", e unha fórmula escénica que crea imaxes evocadoras e emocionantes entroncadas co aspecto cinematográfico.