Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

SonBoleros

SonBoleros é un uarteto formado por contrabaixo, voz, piano epercusión cunha liña moi elegante. Rinden homenaxe ás mellores cancións da música latina.O seu repertorio se compone de Boleros, Tangos y Sones. Ideais para amenizar Cocktail, eventos, entregas de premios e concertos en xeral.

Compoñentes: Ildemaro Díaz: Percusión; Pachi Cruz: Contrabajo; Cristian Leggiero: Piano; Ely Morales: Voz

Galego

Gramola Yé, Yé

Gramola Yé,Yé é un cuarteto formado por guitarra, baixo, batería e voz cunha línea moi fresca e festiva. Renden homenaxe ós guateques, ó movemento Yé Yé e ás cancións do verán dos anos 60 e 70.

A formación caracterízase pola súa exquisita calidade musical e dará ós vosos eventos un toque fresco no que non se parará de cantar nin bailar.

O seu repertorio compóñese de cancións de los Diablos, Los Bravos, Karina, Massiel, El Dúo Dinámico e recordarán cancións como Las flechas del Amor, Un Rayo de Sol, OH,OH July o El Bául de los recuerdos ou o clásico La,La,La.

Galego

Xose Lois Romero & Aliboria

Despois de editar o seu primeiro disco en 2016 cunha proposta arriscada e rompedora de canto e percusión tradicionais, Xosé Lois Romero & Aliboria preséntannos agora o seu segundo disco no que deixan claro que viñeron para quedar e que a súa proposta non so non se limita a versionar repertorio tradicional senón que ven a situarse radicalmente na contemporaneidade máis absoluta, sen complexos nin limitacións previas.

Galego

Sherlock Holmes

Sherlock Holmes é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show dirixido a público familiar.

O famoso detective tentará resolver o misterioso roubo da mansión. Os feitos producíronse durante a noite na que a baronesa celebraba o seu aniversario. 

 

Que ninguén saia da casa! Todos son sospeitosos! O cociñeiro, o maiordomo, todos os convidados. A propia baronesa tamén é sospeitosa! Mesmo algún espectador do público podería ser o culpable...

 

Coa axuda do público Sherlock resolverá o caso. A duración do show é de 70 minutos.

.

Galego

Chapuzas a domicilio

Sinopse: Que pasa cando chamamos a unha empresa de reformas para que nos pinten a casa? Estamos seguros de a quen contratamos? Dous pintores que entre brocha e rodillo dedícanse a facer algo máis que pintar.

Historias divertidas e moita maxia!

 

Galego

Cirkote

Teatro, circo, malabares e humor, moito humor, nun espectáculo para tódolos públicos. combínanse técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público, que pasa a formar parte activa do espectáculo, no que che pode acontecer de todo, pode incluso que ti acabes sendo a estrela da función.

"Cirkote" e un espectáculo ideal para representar en rúas e prazas o aire libre, pero tamén adaptable a espazos interiores e escenario. máis información na páxina web.

Galego

Laroá

Unha banda de World Music que cociña sons con sabor e cor. Unha proposta libre e independente, que reinterpreta as formas e estilos tradicionais, na que o espazo e o tempo conflúen nunha música chea de matices, texturas e ambientes. A sonoridade do grupo flúe a través do amplo ábano tímbrico dos diferentes instrumentos e instrumentistas que a conforman, recollendo pintadas mediterráneas, latinas, jazzísticas e tradicionais. Un proxecto froito da inquedanza de seis músicos de diferentes estilos e ampla traxectoria musical, na procura dunha sonoridade e linguaxe propia.

Galego

O Folión do Zampón

Espectáculo de animación de rúa que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda e un actor nun velocíclope, un vehiculo moi particular. Un espectáculo moi participativo e divertido.

Zampón, ou lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis glotón do mundo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño