Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

O fakir Flakin

O Fakir Flakin é un curioso personaxe que un dia decidiou sair polo mundo adiante en busca de sabiduria e coñecimento. Viaxou por moitos paises e aprendeu de grandes mestres en terras orientais. Agora chega a Galicia, seguindo o camiño en busca da enerxia e embruxo desta máxica terra.

Polo camiño o fakir aprendeu diferentes técnicas ancestrais que lle permiten facer levitar obxectos e incribles equilibrios. Para dar feitos os seus trucos, ás veces o fakir necesitará que o publico lle bote a súa mellor enerxia e vibracións.

Galego

O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos, pero que aprenderán a facelo.

Como cada noite, Santiago emprende o seu camiño acompañado de Branco, o seu cabalo inseparable. O que non espera é que hoxe se atopará no seu soño con Mariña e a súa gatiña Lupe. Vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (A Catedral de Santiago) para atopar o tesouro escondido.

Galego

Novos Lobos

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades.

Deconstrúense nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecer ferramentas conceptuais ao alumnado que axuden a prever a violencia de xénero.

O espazo no que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público).

Elenco artístico: Inacio Vilariño

 

Galego

Mulleres de sal, mulleres de terra

MULLERES DE SAL, MULLERES DE TERRA é unha sesión de cantos que promove a igualdade e a pre­vención de violencia de xénero. 

Unha travesía guiada pelas mulleres que atesoura­ron a memoria dos cantos, da palabra a viva voz. Ao longo da Historia foron moitas as mulleres encarga­das de conservar este legado. Elas foron tamén trans­misoras deste universo, como redeiras á beira do mar, tecendo con fíos e nós o imaxinario. Cantos que tamén saen da terra e que se debullan coma o millo para transmitir as alegrías, os temores e os soños dos pobos. 

Galego

Mil Campanas el musical de los 80 y 90

 O mellor pop español dos 80 e 90 mestúrase con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa mocidade. Unha historia que parte do reencontro dos amigos do instituto 25 anos despois, reunidos na Movida do Bacallau para lembrar unha época que marcou a vida dos seus protagonistas, ao ritmo da mellor música daquela mocidade, onde non existían redes sociais.

 

Galego

Concerto de Miguel Lamas & Ardora

Dende pequeno, Miguel Lamas (Ferrol, 1993) estivo vencellado ao mundo da música xa que parte da súa familia traballaba neste sector. Así é que, aos 4 anos, xa comezou a tocar a batería.

Traballou con artistas e bandas coma Dani Martín, Melendi, Amaia Montero, Miriam Rodríguez, Abraham Mateo, Maldita Nerea, David DeMaría, Zahara, Raimundo Amador, O'Funk'Illo, David Bustamante,

Galego

Maxia Potáxica

Espectáculo de Maxia para público familiar, no que se poderán ver os Grandes Éxitos do Mago Romarís, números con cartas, con cordas, con laranxas e incluso con ¡Chourizos!

Maxia e diversión ao mesmo tempo

Galego

Levántate Xan!

A noite pasada Xan revisou que fixera todas as tarefas: Limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama, .... e meteuse na cama. Pero do que non se deu conta Xan é de que non lle deu de comer ós animais da granxa. Á mañá seguinte cando o galo se ergueu para cantar como todas as mañás deuse conta de que tiña tanta fame que non podería contar. E todo o mundo sabe que se o galo non canta o sol non se levanta... e se o sol non se levanta Xan non espertará para darlles de almorzar ós animais. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño