Euforia
“EUFORIA” é o espectáculo de gran formato de Dani Polo, xoven mago galego, finalista do programa “Pura Magia” de TVE e premiado en diferentes puntos de Europa.
Presenta un espectáculo único, cun ritmo trepidante onde todo, absolutamente todo, é posible, dende persoas que aparecen ou se cortan pola metade ata espectadores que conseguen voar. O humor, a participación do público e sobre todo a maxia máis espectacular son as claves da proposta. Unha iluminación coidada, unha posta en escena impecable con grandes aparatos e efectos pirotécnicos farán que non poidas nin pestanexar.

