Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Fíos do querer

"Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo".
 
Estas verbas serven para presentar o traballo en formato de concerto participativo acompañado dun libro-cd de Cé Orquestra Pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos.

Galego

Welcome

Que pasa cando dúas amigas non se ven dende fai tempo? Que se traen entre elas?

Intencións e emocións ocultas expostas á mirada da xente que pasa ao redor desta casa sen paredes

Risas, mimos, líos e anécdotas pasan neste piso moderno de 12 metros cadrados ... 

Moita, moita historia é a que teñen entremáns elas dúas. Compartindo a súa intimidade co público achegado. 

Elementos: Mástil chinés, acrobacia, manipulación de obxectos dende o prisma do teatro físico e a danza contemporánea.

Compañia Duelirium. Formada por Raquel Oitavén e Mercé Solé.

 

Galego

Contos a pé de rúa

Un particular barrendeiro municipal chega á praza para acometer a súa función pública co mellor dos ánimos. Ante a contrariedade de atopar a praza chea de xente, colga durante un intre a súa vasoira de xestas e disponse a compartir historias xogos e cantigas coas que facer participar activamente ó público presente.

Caxoto Contacontos seleccionará, entre o seu amplo repertorio de contos, aqueles que máis se axeiten ó público e ó lugar presente intercalando entre medias xogos e cantigas coas que involucrar a toda a familia.

Galego

Un libro baixo a almofada

Caxoto Contacontos quítalle o po a todos os libros que integran o seu repertorio para poñelos á disposición do público. O público será quen escolla os libros a contar mediante un proceso asembleario e democrático no que o propio narrador non terá voz nin voto.

Contos propios, contos clásicos, contos musicados e cantados, contos a medio construir que o público debe rematar... Todo un salto mortal con tirabuzón que en cada ocasión se convertirá nunha viaxe distinta desde a imaxinación ata os libros.

Galego

Unhas gafas como as do avó

Laura é unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ó seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos dende a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de todas as aventuras.

Galego

Contos de medo que deixan durmir

Galicia somos unha potencia na creación de contos do paranormal. Para iso soubemos dotarnos dun amplo elenco de persoaxes sinistras que percorren pola noite os nosos camiños: A Santa Compaña, a Morte, as meigas, o Sacaúntos, o Lobisome, os tronantes, as mouras, ... Neste espectáculo achegámonos á nosa esencia máis escura para poñerlle un chisco de luz e achegala as nenas e nenos de todas as idades sen que iso lles quite o sono.

Un espectáculo para rirse do medo e deixarse levar ao embruxamento das antigas lareiras e difrutar dos contos de medo ... que deixan durmir. 

Galego

O berce das verbas

Foi unha constante nos últimos anos que o público lle pedise a Caxoto que creara un espectáculo de contos para cativos de 0 a catro anos. De aí xurde O berce das verbas onde a través da palabra contada, imaxes suxerintes, música en directo e a imaxinación colectiva iremos creando e recreando un espazo non que poidan soñar.
35 minutos de contos poboados de animais, viaxes espaciais, tronos reais, cantos de berce… que rematarán cun experimento sonoro onde as novas tecnoloxías póñense ao servizo do público.
 

Galego

Taxistas ou traíñas clown

Elenco: Manuel Castro Lima / Fausto Dominguez Camaño / María Barreiro Muñoz

Unha traíña ou un taxi construídos unicamente con globos. Unha animación de rúa en pequeno formato pero moi dinámica  e divertida, os actores interactúan con calquera dos elementos da rúa de xeito que a improvisación e a estética clown é o fío condutor de este espectáculo.

Galego

Un belo día

Un belo día é un proxecto de vida construído por Doce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Doce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.

Un belo día nace das entrañas e conecta co espectador de maneira primordial, pura e simple. Tras tres anos de traballo chegou o momento de liberalo nas rúas, os teatros, as prazas públicas, as salas e os xardíns. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño