Xornada de Danza Cat
Xornada de tres pezas de danza contemporánea para ser representadas no mesmo día
Chey Jurado, Akira Yoshida
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Xornada de tres pezas de danza contemporánea para ser representadas no mesmo día
Chey Jurado, Akira Yoshida
Este é o ano da escritora e tradutora Xela Arias. Con este motivo ven de estrearse a obra inédita “NON TE AMOLA!”; a única das súas obras dirixida ao público infantil e única dentro do estilo narrativo. Trátase dun texto en gran medida autobiográfico sobre a súa nenez que como un moderno “Memorias dun neno labrego” conta a esencia dunha xeración enteira de nenas e nenos galegos que viviron a súa nenez nos anos 90 do século pasado.
Concerto de Paloma Suanzes cos seus arranxos de música folk, guitarra e voz en acústico que non deixarán indiferentes ao público.
Nesta ocasión está acompañada por Tania Capón (violín e voz), Maite Belon (pianista) e Sofía López (voz)
Pandeiretas e Adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.
O novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…
Que pasa cando dúas amigas non se ven dende hai tempo? Que se traen entre elas?
Intencións e emocións ocultas expostas á mirada da xente que pasa ao redor desta casa sen paredes
Risas, mimos, líos e anécdotas pasan neste piso moderno de 12 metros cadrados ...
Moita, moita historia é a que teñen entremáns elas dúas. Compartindo a súa intimidade co público achegado.
Elementos: Mástil chinés, acrobacia, manipulación de obxectos dende o prisma do teatro físico e a danza contemporánea.
Compañia Duelirium. Formada por Raquel Oitavén e Mercé Solé.
VERTO son dous rapaces máis ou menos de Santiago que fan, antes ca nada, música Pop, da moderna, da de agora. Teñen influencias do trap e do R & B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos anos 80.
A protagonista colga a colada na praza pública de cada vila que visita e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes.
Este show baséase sobre unha innovadora forma de espectáculo de rúa, onde a manipulación de obxectos, clown e malabares son as bases para a comunicación narrativa.
Os espectadoares están directamente implicados en todo o espectáculo
Proposta artística para dinamizar un espazo de rúa.
Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflicto pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras.
Un espectáculo infantil ideal para gozar en familia.
A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro ... pero nun descoido o pirata Ollo Virollo róuballe o barco e faise ao mar. Tras 45 minutos de acontecementos. Cumprirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?