A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
A partir do libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.
Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.
Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.
Os Piñeiriños son dous irmás, Fuco e Xela, que convidan ós cativos e cativas a introducirse no mundo da música dun xeito máxico. Na súa andaina musical xa colaboraron con moitos artistas, o seu último traballo foi a participación no Libro Disco infantil “Canta a lúa coas estrelas”, da escritora Rosalía Morlán e o cantautor Manoele de Felisa. Actualmente están a traballar no seu novo disco en solitario, que estará cargado de moita ilusión, maxia e aprendizaxe.
Nestes tempos onde revisitamos as nosas prioridades, a música emerxe como esa compañeira necesaria que pon banda sonora as nosas biografías. Nela escollemos as coordenadas que constrúen memoria, sentimentos, sensacións, fuxidas, soños e tamén as outras vidas que decidimos non vivir. A soidade mírase elegante nos seus acordes, sinalando un antídoto en cada abstinencia. Para que todo isto pase, alguén ten que rexistrar o son e, nese facer, achegar honestidade, paixón e unha voz propia.
Sexteto do que forman parte Sabela King, Ramón Figueira “Figui”e Benjamín Vázquez. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50's 60's, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais.
Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Dous grandes músicos de Blues de prestixio mundial chegados de Cansasiti saen a escena coa intención de interpretar o seu clásico repertorio.Pero nada máis comezar desátase o caos: os micros non funcionan... os cables enléanse... as partituras caen en cascada... Un desastre!
Rogelio, leva pechado na casa 20 anos, no instituto facíanlle bulling. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos está no último chanzo.
Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta: maxia. Se hoxe sae todo ben, danlle a alta médica e mañá vai a ter a cita máis importante da súa vida.
Os nosos Piratas desembarcan en busca de nova tripulación para ou seu barco , son algo brabucons e mostran todas as súas habilidades, pero todo aquel neno ou meniña , pai ou nai , que sexa capaz de pasar as probas con eles , terán a sorte de poder embarcar non seu barco e sucas vos sete mares.
Espectáculo para todos vos públicos , non que se mostran diferentes habilidades cicrcenses , e unha constante interacción co público .
En “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)
Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.