Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Globotolo

O pallaso Lolo fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá aos máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinte parte integrante.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown é misturada cun cóctel de risas e gargalladas.

 

Galego

Pum Pum

Elenco: Andrea Bayer e Davide González

Marieta é unha nena como calquera nena de 5 anos. Ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Galego

Baila, Roque, baila

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.

Andrea, desta vez, estará acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Galego

Give it a spin

Give it a spin é a nova proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais no que música e movemento, desde os seus estados máis puros, se encontran a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina.

Unha conversa baseada no "darlle unha volta", no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo.

Para a ocasión contamos coa colaboración especial do DJ Jas Processor.

 

Galego

Mar adiante! Filipa cos contos

Espectáculo “unipersoal”… ou non. Unha sesión “flipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que comparten escenario: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido grazas á súa experiencia. 

Na posta en escena deste 2018 prestarase especial atención á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e á súa obra narrativa Mar adiante. Para tal fin adaptaranse contos incluídos nesta escolma.

Galego

Pesdelán. Na punta do pé

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

 

 

 

Galego

A alfombra máxica

A alfombra máxica é un prelibro onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver... Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo.

Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

 

Galego

Paty Lesta & The Hits en concerto

Son un cuarteto formado por voz, piano, contrabaixo e batería. Con eles lembraredes algúns dos hits que marcaron a historia da música. Joe Cocker, Michael Jackson, Tina Turner, Luz Casal, Elvis Presley, Queen e Police entre outros, estarán presentes no concerto sempre baixo a forma de entender a música do grupo, polo que as cancións serán versionadas, arranxadas e adaptadas ao cuarteto  e aos estilos do Swing, Blues e Funky entre outros.

 

 

 

Galego

A viaxe ata os confíns da maxia

Ao remate dun espectáculo de maxia do antigo Mago Mauro, unha nena preguntoulle se coñecía magas e magos doutras partes do mundo e as súas maxias; ao que o mago tivo que responder que non; provocando unha inquietude extremadamente inquietante como para poder estarse quieto ao decatarse de que non sabía onde existía a maxia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño