Busca

Páxinas

16/06/2016

Estudantes dos colexios San Xoán de Becerreá e A Rúa de Cangas, e dos institutos Manuel Murguía de Arteixo e Manuel Chamoso Lamas do Carballiño reuníronse na filmoteca galega para presentar os filmes que rodaron nas súas localidades

O secretario xeral de Cultura e o director da Agadic acompañaron os alumnos, profesores e directores participantes nesta iniciativa pedagóxica internacional, que o Centro Galego de Artes da Imaxe coordina en Galicia dentro do Plan Proxecta
 

15/06/2016

Trátase do concurso de curtas de animación en galego, elaboradas por alumnado de infantil e de primaria coa técnica stop-motion

O conselleiro de Cultura aproveitou o acto para lembrar o 33º aniversario da aprobación da Lei de normalización lingüística no Parlamento de Galicia

15/06/2016

Cultura apoia este certame e o XV Festival Agustín Magán coas últimas propostas escénicas de grupos federados

15/06/2016

O conselleiro de Cultura instou a seguir dando pasos neste eido e impulsar unha Lei de museos co fin de regular a súa planificación futura e modernización

O encontro, promovido pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, servirá para intercambiar experiencias e reforzar a cooperación

Ao longo desta xornada intervirán algúns dos responsables dos principais centros de xestión autonómica e, como remate, organizarase unha visita guiada polo das Peregrinacións

10/06/2016

Lalín, 10 de xuño de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, definiu a Antonio Taboada Ferradás ‘Willy’ como un “artista íntegro, un espírito libre e un activista cultural”, capaz de transmitir unha “visión cosmopolita na súa obra, pero sempre conservando a pegada identitaria das súas raíces rurais”. Así o subliñou con motivo do acto de apertura dunha exposición retrospectiva da obra do artista dezao, cando se cumpren dez anos do seu pasamento.

09/06/2016

Cultura apoiará á parroquia de Santo Tomé de Piñeiro para rematar a restauración do retablo maior
 

09/06/2016

O ourensán, un dos grandes nomes da fotografía de moda en España, analizou as relacións entre os fotógrafos, as grandes marcas e as publicacións internacionais de moda

A sesión tivo lugar no marco das xornadas académicas da exposición Con-fío en Galicia que se pode visitar no Museo Centro Gaiás ata o 11 de setembro
 

09/06/2016

Trátase do acto central co que se conmemora o Día Internacional dos Arquivos e inclúe a apertura dunha exposición temporal cunha escolma de documentos desta Real Sociedade

Román Rodríguez destacou no acto a importancia deste iniciativa para a salvagarda e difusión “da memoria dunha institución única para o estudo da historia de Compostela e Galicia”
 

08/06/2016

O libro está composto por unha escolma de trinta e cinco relatos, a partir de historias de transmisión oral de todo o mundo, e con ilustracións de Antía Barba Mariño

  • 'Solitudes' de Kulunka Teatro
07/06/2016

‘Coma e punto’ é a primeira montaxe da compañía de Jose Vaquero e Javier Octavio de Toledo, que poderá verse hoxe ás 11.00 horas na Fundación SGAE

A carteleira aberta ao público inclúe a peza infantil ‘Os reloxos preguiceiros de Néboa’, de Aporía Escénica; o espectáculo de máscaras da formación vasca Kulunka Teatro; e ‘Raclette’, co que Ibuprofeno dá o salto a producións de maior formato