Busca

Páxinas

  • Eduardo Pondal
17/09/2017

Ovidio Rodeiro reitera o compromiso da Xunta coa Fundación Pondal de cara ao centenario da morte do poeta 

  • Unha imaxe dun dos eventos do Verán no Gaiás
17/09/2017

Remata un programa na que se organizaron 68 actividades durante os meses de xullo, agosto e setembro

Ciclos como o de Atardecer no Gaiás superan o récord de asistencia, con preto de 12.000 espectadores no seus 21 concertos

Novas actividades, como as acampadas de Unha noite no bosque, despídense cunha extraordinaria acollida por parte do público

  • Unha imaxe de 100 metros, unha das películas do circuíto
15/09/2017

Coa exhibición de 100 metros arranca mañá en Cariño a carteleira de outono desta rede, que se desenvolve tamén en Allariz, As Pontes, Bueu, Cedeira, Celanova, Foz e O Grove baixo a coordinación da Agadic

O catálogo completo de 2017, composto por 27 películas galegas e internacionais, supón unha alternativa para ver cine en localidades sen salas comerciais

 

  • A Universidade de Coimbra | Foto UC | Marta Costa
14/09/2017

Valentín García participa en Coimbra no panel de expertos Neofalantes e o futuro dos medios galegos

O panel forma parte do congreso Neofalantes nunha Europa multilingüe: políticas e prácticas que se celebra na universidade portuguesa entre o 14 e o 16 de setembro

O secretario xeral de Política Lingüística chamou a atención sobre a complementariedade das accións a prol do galego emanadas do goberno e as xurdidas entre da cidadanía e avogou pola colaboración para garantir o futuro da lingua

 

  • Unha imaxe da Colexiata de Sar
14/09/2017

Representantes do Goberno central, da Xunta de Galicia e da Arquidiócese de Santiago participaron hoxe nunha visita ao Ben de Interese Cultural máis antigo de Galicia, a Colexiata do Sar

Fernando Benzo e Román Rodríguez visitan a Colexiata de Santa María do Sar

Román Rodríguez afirmou que se están a avaliar todas as posibilidades para que o mellor exemplo da arte románica en Compostela estea a punto para a celebración do vindeiro Ano Xacobeo

  • Centenario Fernando Rey
12/09/2017

O centenario do actor coruñés conmemórase cun ciclo dunha vintena das súas películas máis representativas

A filmoteca celebra os 60 anos da Nouvelle vague francesa facendo un repaso a toda a historia da filmografía gala, con clásicos dos anos vinte aos nosos días

 

  • Cartaz de O rei morre
11/09/2017

O Auditorio Municipal acolle as primeiras funcións da adaptación da obra de Ionesco o venres 15, o sábado 16 e o domingo 17 de setembro

Contou para a súa montaxe cunha axuda á produción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais

 

  • Unha vista do Pazo de Meirás
09/09/2017

A Consellería multa con 4.500 euros aos interesados e abre novas dilixencias informativas ante o anuncio da Fundación Francisco Franco de cancelar as visitas ao BIC

Lémbralle aos propietarios que, tal e como se recolle na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, é a súa obriga abrir o pazo ao público 4 días ao mes e xestionar o seu mantemento

O departamento cultural da Xunta de Galicia seguirá velando porque sempre se cumpra a lei dentro do seu marco competencial

  • Actuación de Pistacatro
30/08/2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais publicou a terceira e última adxudicación destas subvencións en 2017, dotadas con 435.000 euros

Colabórase con máis de 600 actuacións e accións promocionais nos cinco continentes

29/08/2017

O conselleiro Román Rodríguez asinou un convenio co alcalde do Saviñao co obxectivo de mellorar as instalacións socioculturais neste concello