Busca

Páxinas

20/05/2016

A obra acaba de ver a luz na colección Arte de Trobar

Afundación, a Consellería de Cultura e Educación e o Centro PEN de Galicia promoven este certame para alentar a creación poética e enriquecer a produción literaria en galego

 

20/05/2016

Un total de 25 profesionais asistirán a este obradoiro, organizado pola Agadic e a Cofae como actividade complementaria ao mercado galego de artes escénicas que terá lugar en Santiago do 6 ao 9 de xuño

19/05/2016

O documento analiza o estado actual do sistema bibliotecario galego por concellos para facilitar a planificación de melloras

Os fondos documentais, os puntos de lectura e as horas de apertura son os ítems que presentan unha mellor situación, mentres que se detectan carencias no equipamento informático, no persoal e na superficie das instalacións

Anxo Lorenzo destacou o valor desta ferramenta de planificación para o desenvolvemento dunha estratexia de actuación no ámbito bibliotecario
 

15/05/2016

Santiago, 15 de maio 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deulle esta mañá o pistoletazo de saída á III edición da Carreira Camiño das Letras, coa que se conmemora o Día das Letras Galegas a través do deporte e da posta en valor do Camiño de Santiago.

Promovida por Xurdir S.L. co apoio do departamento de Cultura da Xunta, partiu esta mañá desde A Lavacolla ata o Estadio de San Lázaro, un circuíto de aproximadamente 11 quilómetros ao longo do Camiño de Santiago.

15/05/2016

O escritor chairego é obxecto dos documentais de Xulio Xiz e de Xosé Carlos Garrido e Lois Diéguez, que se proxectarán na Coruña o xoves 19, así como do dirixido por Margarita Ledo e que se exhibirá o sábado 21

As dúas sesións do mércores 18 centraranse na figura de Castelao a través de varios filmes históricos, mentres que o xoves 19 ofrecerase a produción da TVG ‘As Irmandades da Fala. 100 anos’
 

15/05/2016

Guillermo Solana, director artístico do Thyssen-Bornemisza de Madrid, o fotógrafo Manuel Outumuro ou a deseñadora do vestiario de ‘Xogo de Tronos’, Arantza Vilas, abordarán a moda desde a perspectiva artística, económica e social

As xornadas académicas terán lugar do 6 ao 9 de xuño no Museo Centro Gaiás e están dirixidas pola profesora de Historia da USC, Fátima Díaz Planas.

A entrada é de balde mais é preciso inscribirse previamente e concederáselle aos asistentes un ETCS da Universidade de Santiago

14/05/2016

Santiago, 14 de maio de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, amosouse convencido de que a mellor homenaxe que se lle pode render a Camilo José Cela para conmemorar o seu centenario é “descubrir e revisitar a súa obra”. Así o afirmou esta mañá, na capital de Galicia, no acto de entrega de premios do V Concurso de Microrrelatos da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, durante o que expresou o seu desexo de que “esta data de singular significación –en alusión aos cen anos que se cumpren do nacemento do premio No

  • A Cidade da Cultura acolle esta fin de semana o Gaiás Gaming, un  evento para achegar a tecnoloxía ás novas xeracións
13/05/2016

Nos espazos do Gaiás desenvolverase un amplo programa de obradoiros, conferencias, exhibición de videoxogos e variadas alternativas de ocio en torno ao uso das novas tecnoloxías

Aplicacións móbiles, delitos informáticos ou control parental serán algúns dos eixes temáticos que se abordarán nas conferencias previstas

O Museo Centro Gaiás acollerá unha LANParty, na que duascentas persoas convivirán e compartirán experiencias e información

12/05/2016

A compañía institucional organiza un programa de visitas guiadas en seis quendas ao longo do martes 17 de maio

Entre os participantes neste actividade, para a que está aberto o prazo de inscrición, sortearanse varios lotes dos libros das obras gañadoras do Premio Manuel María de literatura dramática infantil convocado pola Agadic

 

09/05/2016

Cultura coa Consellería de Medio Ambiente acordaron as medidas necesarias para evitar calquera molestia a estas aves que habitan no monumento e que son inofensivos para a súa conservación

En calquera caso, e tomando as precaucións necesarias, continuaranse as obras de restauración do cubo VI