Busca

Páxinas

26/04/2017

Roberto Leal e Xosé Luís Bernal 'Farruco' interpretan este espectáculo "de peto” de Teatro en Punto, que pode verse en Santiago do venres 28 ao domingo 30 cunha capacidade limitada a 12 persoas

Esta proposta dirixida por Gloria Rico a partir do texto de Afonso Becerra abre o ciclo Teatro Ob-sceno na sede do Centro Dramático Galego, ao tempo que dá paso á súa nova carteleira trimestral, cunha ducia de títulos e programas ata mediados de xullo
 

26/04/2017

Os traballos terán un prazo máximo de execución de tres meses

24/04/2017

Representantes das comunidades autónomas e do Ministerio de Educación e Cultura reúnense en Lanzarote para avanzar na cooperación bibliotecaria, na mellora dos servizos e no desenvolvemento de plans específicos nesta materia

22/04/2017

Atendeu o pasado ano a 1.962 usuarios externos á administración

22/04/2017

O secretario xeral de Cultura participou na entrega de premios do Concurso BD Vigo, nunha xornada na que os guionistas David Braña e Francisco G. González tamén compartiron co público a súa experiencia no mundo do cómic

As bibliotecas e museos de xestión autonómica promoven diversas propostas para conmemorar a celebración do Día do Libro
 

  • Imaxe de Martes de Carnaval do día da estrea
20/04/2017

A compañía pública produce o espectáculo integrado por ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’, con Marta Pazos na dirección

Tras un primeiro período de exhibición no Salón Teatro, do 20 ao 27 de abril, a montaxe viaxará ata Tui, O Barco de Valdeorras, Ourense, A Coruña, Rianxo, Valencia, Pontevedra e Vigo, para regresar a Santiago do 28 de xuño ao 16 de xullo

20/04/2017

Zoar Ensemble, o Coro Rías Baixas e Vox Stellae son algunhas das propostas para a novena edición desta iniciativa, promovida co apoio de Cultura

20/04/2017

'Camilo José Cela. O eloxio do viño dun Nobel’ amósase nas instalacións da Moireira de Bodegas Marqués de Vizhoja (Arbo) e reune diversos obxectos persoais do escritor, entre eles, botellas dedicadas por figuras como Picasso, Miró ou Hemingway

20/04/2017

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia amosa o seu pesar polo falecemento do historiador, investigador, escritor e catedrático Antonio Eiras Roel, e estende as condolencias á súa familia. Eiras Roel foi catedrático de Historia moderna durante corenta anos e, baixo o seu maxisterio, formáronse varias xeracións de historiadores galegos e procedeuse á modernización da investigación histórica ao introducir en España a corrente metodolóxica francesa dos Annales.

20/04/2017

A carteleira no municipio pontevedrés dará comezo este domingo 22 de abril con ‘Mimosas’, de Oliver Laxe, e incluirá outras catro películas nesta primeira quenda de programación

Todas as sesións terán lugar ás 21.00 h no Auditorio do Centro Social do Mar, cun prezo fixo de 3 euros