Busca
Páxinas
As illas de San Simón e de San Antonio son un excepcional e paradisíaco enclave situado na enseada da ría de Vigo, cunha forte carga simbólica colectiva vinculada cos seus diversos papeis ao longo da historia: testemuña de traxedias e avatares marítimos, idílica referencia literaria da poesía medieval, refuxio monacal, lazareto para doentes infecciosos, cárcere do réxime ditatorial franquista para illamento político...
Galician cultural heritage is characterized by its richness, diversity and geographical spread, as well as by linking the surrounding landscape. Megalithic monuments like dolmens, rock carvings, and castros ―fortified settlements from the Iron Age― abound. There are numerous Roman remains ―the walls of Lugo, a World Heritage Site, or the Tower of Hercules in A Coruña― being prominent among them.
Galicia conta cun rico patrimonio cultural constituído por bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deben ser estudados e considerados para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o departamento ao que lle corresponde a coordinación das actuacións en materia de patrimonio histórico, arqueolóxico, paleontolóxico, artístico, arquitectónico e etnolóxico en todas as súas manifestacións, así como en materia de museos.
A biblioteca é un espazo aberto a toda a comunidade, serve de apoio a toda a veciñanza para facilitarlle o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe. Tamén traballa conxuntamente co resto dos axentes culturais da comunidade: os Concellos, as entidades prestadoras de servizos sociais e educativos e o tecido asociativo.
Os bens declarados de interese cultural son inscritos no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. A xestión deste rexistro correspóndelle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
O Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia irá reflectindo os actos que se realicen sobre os bens inscritos nel cando poidan afectar o contido da declaración, e dé fe dos datos consignados nel.
Publicación do Rexistro de Bens de Interese Cultural

O Rexistro da Propiedade Intelectual é un instrumento de constancia oficial da titularidade dos dereitos de propiedade intelectual sobre unha creación orixinal literaria, artística ou científica ou sobre unha actuación ou produción das previstas na Lei de propiedade intelectual.