Busca

Páxinas

Especiais

Cada ano, a Xunta de Galicia impulsa unha serie de programacións especiais que coinciden con efemérides da nosa cultura e dos seus protagonistas co obxectivo de facer partícipe a toda a sociedade da celebración e contribuír así ao seu coñecemento e promoción. Persoeiros como María Casares, Emilia Pardo Bazán, Laxeiro ou os autores homenaxeados nas Letras Galegas teñen aquí un espazo.

Gravado na pedra

A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia ten entre os seus obxectos a protección e a difusión do patrimonio cultural de Galicia de forma que lle sirva á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e fundamento da identidade cultural do pobo galego. O marco legal tamén sinala a necesidade de investigar, valorar e transmitir ás xeracións futuras o noso patrimonio cultural. 

A cultura segue

Contidos multimedia

O obxectivo de #aculturasegue. Contidos multimedia é difundir a través desta canle un conxunto diverso de temas monográficos relacionados coa cultura e a lingua en Galicia, utilizando para iso recursos e materiais que lle acheguen á cidadanía unha información sinxela pero enriquecida e útil.

O sector audiovisual é un dos ámbitos estratéxicos no desenvolvemento cultural de Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo encargado da planificación e xestión das liñas de fomento do tecido empresarial audiovisual, do desenvolvemento do talento técnico e creativo, da innovación e da súa promoción exterior.

Para a proxección internacional do audiovisual galego a Consellería de Cultura e Turismo conta, ademais, cunha liña de internacionalización en colaboración co Igape, como fórmula de crecemento empresarial, xunto coa innovación e a mellora competitiva.

O labor da Consellería de Cultura e Turismo no plano das artes plásticas e visuais enfócase desde diferentes vertentes. Vinculada ao patrimonio cultural, a arte ocupa un espazo central dentro dos centros museísticos e das súas actividades de difusión artística.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo público do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual da C. A. de Galicia, ben pola tramitación das correspondentes solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación, ou ben polas solicitudes de publicidade rexistral.

Os distintos conceptos por taxas son os que se reflicten na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da C. A. de Galicia (DOG núm. 240 do 11 de decembro de 2003). As contías vixentes para o ano 2024 son as que se indican a continuación: 

Un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é o fortalecemento dunha oferta cultural galega no conxunto do territorio, nun sentido amplo e plural, capaz de chegar a novos públicos e aberta ao diálogo con outras realidades culturais.