Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
A illa de San Simón, esgotada de sanguentas contendas, viviu un período de repouso ata a chegada dun novo inimigo aínda máis temible que as tropas e os navíos de guerra. O mar sería neste caso o transmisor de ata entón descoñecidas enfermidades infecciosas que se expandiron en Europa en pleno apoxeo do comercio exterior con Asia, América e África.
Probablemente habitado desde a prehistoria e durante a romanización da Península Ibérica, non existe documentación sobre a presenza do home neste espazo ata o século XII, cando se confirma a existencia dun mosteiro fundado pola Orde do Temple, que permanecerá asentada na illa ata o século XIII.
A partir dese momento, tres son os períodos máis destacados na historia de San Simón, e absolutamente diferentes entre si.
Mercedes Brea. Catedrática de Filoloxía Románica da USC
Como ocorre sempre en todas as civilizacións e territorios, a historia documental vén precedida da lenda. E a ese xénero pertecen todas as referencias anteriores ao século XII.
O primeiro xerme coñecido de espazos habitados é un pequeno mosteiro que puido verse afectado polos ataques das tropas de Almanzor no ano 997, así como polos dos viquingos uns anos despois.
Tras o peche do lazareto realizáronse diversas propostas de reutilización das instalacións, entre elas a creación dun aeroporto marítimo ou unha residencia para nenos orfos. Con todo, a Guerra Civil española paralizou calquera iniciativa e finalmente a illa converteuse en colonia penal, función que desempeñou entre 1936 e 1943, albergando presos de zonas próximas e tamén detidos procedentes doutros puntos de España.
Quizais fosen as súas óptimas condicións naturais ou a súa proximidade á cidade de Vigo os factores que motivaron que a illa fose testemuña de numerosos acontecementos violentos provocados por conflitos territoriais e incursións armadas, que desembocarían finalmente no éxodo dos monxes, buscando lugares menos axitados en zonas próximas a Redondela.
O pouso histórico dun pasado milenario e a fisonomía dos xardíns contribuíron a darlle a todo o conxunto de San Simón un aire decimonónico no que tanto os espazos exteriores como as edificacións conforman un gran centro de exposicións para as artes plásticas, que completan a beleza inspiradora deste escenario único.
Segundo a súa natureza e características o patrimonio cultural de Galicia pode ser considerado patrimonio inmaterial, patrimonio moble e patrimonio inmoble.

A enseada de San Simón alberga o arquipélago, que está moi próximo á terra, xa que a praia da parroquia de Cesantes conforma unha lingua de area que apunta ás illas. Unha canle de auga separa as illas do continente, pero é imposible chegar á illa por unha vía que non sexa a marítima.
San Simón e San Antonio son as illas maiores do arquipélago, que se completa cos illotes de Cobreiras e Pena Branca. O gran patrimonio do conxunto é sen dúbida a súa riqueza paisaxística, cuns parques e xardíns cunha personalidade que se foi cimentando ao longo dos séculos grazas á incorporación de novas especies traídas doutras terras e fusionadas coas autóctonas.