Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Os bens e manifestacións inmateriais do patrimonio cultural de Galicia, en tanto non fosen declarados de interese cultural ou catalogados, incluiranse no Censo do Patrimonio Cultural para a súa documentación, estudo, investigación e difusión dos seus valores.

Campo de Voluntariado Illa de San Simón

Os traballos desenvolvidos nos arquivos son escasamente coñecidos polo común da sociedade, se ben se trata dun labor fundamental para a preservación do noso patrimonio cultural. Nos arquivos reúnense os documentos que as institucións e entidades públicas e privadas producen no desenvolvemento das súas funcións e actividades (normas, procedementos, actos etc.), conformando o patrimonio documental. Benefícianse a diario desa organización a propia Administración, a comunidade académica e investigadores especializados, e tamén calquera cidadán que precisa datos sobre os seus dereitos.
A Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, establece un réxime específico para a identificación e a protección dos Camiños de Santiago.
Segundo esta normativa, as obras e actividades no ámbito delimitado dos Camiños de Santiago deben ser compatibles coa conservación e coa protección dos seus valores propios. Como criterio xeral deben manter as características principais do territorio que conforman, o que supón o mantemento preferente dos núcleos tradicionais e das actividades agropecuarias e forestais.
A Coruña (C)
Biblioteca Pública da Coruña
Rúa Miguel González Garcés, nº 1
15008 - A Coruña
Tfno.: 981 185 692 / 981 182 229
Santiago de Compostela (SC)
Cidade da Cultura - Biblioteca de Galicia
15707 - Santiago de Compostela
Tfno.: 981 543 979 / 981 545 073 / 981 957 282
Ferrol (F)
Praza Camilo X. Cela, s/n
15402 - Ferrol
Tfno.: 981 337 109 / Fax: 981 337 013
Os bens do patrimonio cultural de Galicia, co obxecto da súa protección, poden ser declarados de interese cultural ou catalogados. Teñen a consideración de bens de interese cultural os bens e manifestacións inmateriais cun carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma.
O conxunto de rutas dos Camiños de Santiago está constituído por vías de dominio e uso público, o territorio que o define e os seus elementos funcionais, que son os que forman parte da súa fisionomía (como peches, muros, cómaros, valos, pasos, pontellas, pontes, fontes, lavadoiros ou espazos similares), así como os destinados á súa conservación e servizo e os que sexan necesarios para o seu uso.
O uso preferente da traza dos Camiños é o de ser un sendeiro peonil, compatible coa súa utilización como vía ecuestre ou como vía para vehículos sen motor.

Un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é o fortalecemento dunha oferta cultural galega no conxunto do territorio, nun sentido amplo e plural, capaz de chegar a novos públicos e aberta ao diálogo con outras realidades culturais.
