Busca

Páxinas

Lugo no tempo

 

"Lugo no tempo" é a terceira das mostras que se poñen en marcha no marco do proxecto Cidades no tempo, que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Santiago e Ferrol foron as primeiras protagonistas dunha proposta que continúa o seu percorrido co obxectivo de reivindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.

Custo total da operación: 1.839.322,76 €

Axuda FEDER: 1.432.986,07 €

Obxectivo: aumentar o número de visitas previstas a lugares pertencentes ao patrimonio cultural.

Situación: Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Temporización: primeiro semestre 2016 – decembro 2019

 

Actuación:

O proxectoQue mellor homenaxe ao pasado da Illa de San Simón, coas súas conquistas e as súas desgrazas, os seus episodios máis gloriosos e máis amargos, que convertela nun lugar de pensamento libre?

Un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é o fortalecemento dunha oferta cultural galega no conxunto do territorio, nun sentido amplo e plural, capaz de chegar a novos públicos e aberta ao diálogo con outras realidades culturais.

O gran punto de inflexión na transformación do conxunto de San Simón foi o desenvolvemento do plan director das illas impulsado pola Xunta de Galicia, que é a administración que actualmente xestiona o conxunto de San Simón. Un plan director elaborado en 1998 polo prestixioso arquitecto galego César Portela, que posibilitou a rehabilitación de todo o arquipélago para dotalo de uso cultural e público, nun proceso que se prolongou máis de oito anos.

O poder de inspiración artística e criadora deste arquipélago foi unha constante na súa historia, porque en San Simón caben infinitas novelas. Lendas de corsarios, de monxes templarios, de batallas, de tesouros ocultos e de viaxeiros chegados de afastadas terras, alimentadas polos múltiples avatares dos que este arquipélago foi testemuña ao longo da historia.

A colonia penitenciariaO 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar que dá comezo á Guerra Civil española e que supón en Galicia o fin do réxime democrático da Segunda República e o comezo dunha longa ditadura que durará ata a morte do xeneral Franco, en 1975.

Coa finalidade de garantir a conservación dos valores culturais dos bens e as manifestacións do patrimonio cultural, as intervencións en bens protexidos polo seu valor cultural, así como as intervencións no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento, son sometidas, en xeral, á súa autorización previa pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Ese requirimento é independente de calquera outra autorización, licenza ou trámite previo á execución das intervencións.

Residencia Stella MarisÉ o edificio de maior altura das illas, con soto, planta baixa e dous pisos. Destinábase a uso residencial de primeira categoría para a pasaxe na época do lazareto e tamén acollía oficinas e a vivenda do director na época da colonia penal. Un uso residencial que se conservou na rehabilitación, respectando as fachadas, a estrutura interior, os corredores e as escaleiras.