Busca

Páxinas

Provisionalmente, en canto se establece o desenvolvemento regulamentario do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e as condicións de acceso á información contida nel, e segundo o que dispón o artigo 30 da Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia, que indica que os bens inmobles que se recollan individualmente singularizados nos instrumentos de planeamento urbanístico e ordenación do territorio forman parte do devandito Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, toda a información relativa aos bens catalogados pode consultarse nos Catálogos do planeamento vixente que é ofrecido na

Correspóndelle á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a xestión dos rexistros das asociacións e fundacións que desenvolven as súas actividades e que teñen o seu domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición no rexistro de asociacións e no rexistro de fundacións de interese galego

A illa de San Simón establece as seguintes normas para visitar ou realizar actividades nas illas de San Simón e Santo Antón, que rexerán con carácter xeral e salvo excepcións expresamente autorizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

As presentes normas teñen como obxectivo salvagardar a seguridade dos visitantes, así como os elementos patrimoniais do sitio histórico e o medio ambiente da paraxe natural onde se sitúa.

 

A conservación do patrimonio cultural integra un conxunto de accións e medidas que perseguen a salvagarda do patrimonio cultural tanxible, para asegurar a súa accesibilidade e a apropiación patrimonial polas xeracións presentes e futuras. A súa conservación pode ser preventiva, curativa ou destinada á restauración e rehabilitación dos bens. En todos os casos estas medidas e accións deben respectar o significado e as características físicas e patrimoniais dos bens culturais obxecto das mesmas.

- Delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, dende a entrada no municipio de Pedrafita ata o lugar de Amenal, en O Pino

Decreto 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o límite do termo municipal do Pino, coa excepción do tramo entre o lugar de Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino.