Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
Deseñada por Alejo Andrade Yáñez, destaca a súa fachada de cantería de estilo neoclásico con porta de acceso rematada en arco de medio punto. Na súa restauración eliminouse a falsa bóveda e recuperouse a cuberta orixinal. Construíuse un soportal novo na fachada leste para permitir o seu uso como refuxio aos visitantes.
Normativa autonómica
Normativa estatal

Unha xoia literaria
O proxecto Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas trae a Galicia unha xoia literaria, e músical, da cultura galega. Os sete poemas de Martín Códax que contén o manuscrito, acompañados seis deles da súa correspondente notación musical, achegan unha valiosa luz para comprender o esplendor da lírica medieval galego-portuguesa e portan, ademais, o valor simbólico da raíz primixenia da nosa cultura.
O parque botánico do conxunto de San Simón cobrou unha gran personalidade grazas ás esculturas que poboan tanto exteriores como interiores completando o conxunto natural e escultórico. Na visita ao arquipélago podemos atopar obras de artistas como Francisco Leiro, Manolo Paz, Manuel Ferreiro Badía, Moncho Lastra, Silverio Rivas, Francisco Remiseiro, César Lombera, Manuel Coia, Sergio Portela ou Jorge Barbi.
Custo total da operación: 1.000.000,00 €
Axuda FEDER: 782.400,00 €
Obxectivo: aumentar o número de visitas previstas a lugares pertencentes ao patrimonio cultural.
Situación: San Cristovo de Cea (Ourense)
Temporización: Primeiro semestre 2016 - xaneiro 2020
Actuación:
Custo total da operación: 1.000.000,00 €
Axuda FEDER: 780.024,16 €
Obxectivo: Aumentar a superficie de edificios ou lugares pertencentes ao patrimonio cultural, de uso principal non turístico, rehabilitados ou mellorados
Situación: Lugo
Temporización: Primeiro semestre 2016 – decembro 2020
Actuación:
http://ficheiros-web.xunta.gal/patrimonio/DELIMITACION_CINGLES/16_CULLEREDO_A3.pdfDECRETO 110/2014, do 4 de setembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago Inglés.
Documentación:
Grazas aos esforzos de persoas e colectivos hoxe coñecemos unha parte importante do acontecido en San Simón, que deixou unha forte pegada na memoria das vítimas, das súas familias e amigos e da veciñanza en xeral.
É na riqueza ambiental e paisaxística das illas onde arrinca a súa forza evocadora. Nada sería o mesmo sen os seus xardíns, sen os paseos ao redor da capela de San Simón, os castiñeiros de indias ou as tileiras dos Balcáns. Ese mesmo mar que levou os monxes, os corsarios, os galeóns españois ou os buques en corentena a visitar este arquipélago, axudou tamén a recalar nel exóticas especies procedentes das terras de ultramar, conformando un arborado colonial que hoxe se alza orgulloso para demostrar a influencia que o intercambio cultural ten tamén na súa flora.
