Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
Os dous edificios situados aos lados da porta de acceso á illa, de planta baixa, foron recuperados dispoñendo un espazo a modo de soportal con cubrición de vidro soportado por estrutura metálica. En tempos do lazareto e da colonia penal aloxaban a caseta do garda e o locutorio. Actualmente esta dotación, que conta con despacho, sala de reunións e aseos, utilízase como vivenda do garda e lugar de recepción aos visitantes.

O edificio ocupa o espazo do antigo lazareto sucio, situado na illa de San Antón, que serviu tamén como acuartelamento militar na época da colonia penal e como clínica do Fogar Méndez Núñez.
Situado no espazo central da illa, o edificio mantén a disposición ordenada en tres corpos rectangulares orixinais, que se articulan ao redor dun patio-xardín a poñente. Os dous corpos laterais acristalados destínanse a salóns e usos múltiples, mentres que o interior alberga a cafetería e a cociña.
A xestión do depósito legal en Galicia é competencia da Xunta de Galicia, que exerce a través da Consellería de Cultura e Turismo, en virtude das tranferencias nesta materia realizadas pola Administración do Estado (Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo).
A Subdirección Xeral de Bibliotecas é o departamento encargado de coordinar e supervisar o cumprimento da lexislación do depósito legal.
Ao redor dos bens inmobles declarados de interese cultural ou catalogados (e dos seus contornos protexidos) pode delimitarse unha área denominada zona de amortecemento.
O obxectivo desta área é reforzar a protección do ben e as súas condicións de implantación no territorio, cun réxime de limitacións e de concreción de actividades, dotacións, instalacións ou infraestruturas que, pola súa potencial afección aos seus valores culturais, requiran a autorización previa para a súa execución da consellería competente en materia de patrimonio cultural.
Este edificio de planta baixa no que se pode visitar unha exposición permanente sobre o proceso de rehabilitación acometido na illa converteuse nun amplo espazo moi versátil para a celebración de conferencias, exposicións e actos públicos de toda índole. Conta cun aforo para 230 persoas en cadeiras móbiles.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou en 2017, mediante a orde do 12 de maio de 2017, os Premios da Cultura Galega para o ano 2017, con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.
Premio Cultura Galega de Letras: Xohana Torres.
Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Berta Álvarez Cáccamo.

Estaba destinado a acoller os dormitorios do lazareto e tamén foi usado polos reclusos na época da colonia penal e polos orfos do Fogar Méndez Núñez.
Este edificio, que estivo destinado a aloxamento da pasaxe de segunda categoría durante a época do lazareto e como zona de dormitorios da colonia e do fogar para nenos orfos, atopábase en pésimo estado de conservación. A súa remodelación permitiu respectar a súa fisionomía pero axeitándoo ás necesidades deste equipamento, que conta con catorce cuartos para a escola de vela, así como aulas e laboratorios con capacidade para 70 prazas, almacén e despacho.
Desde a época do lazareto este edificio de cantería situado ao bordo do mar veuse utilizando como lavadoiro de roupa e na súa rehabilitación conserváronse tanto as fachadas como o espazo unitario interior. Actualmente dedícase a talasoterapia, con piscina, duchas, cabina de masaxe, cabinas de baño e vestiarios.