Depósito legal

A xestión do depósito legal en Galicia é competencia da Xunta de Galicia, que exerce a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en virtude das tranferencias nesta materia realizadas pola Administración do Estado (Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo).

A Subdirección Xeral de Bibliotecas é o departamento encargado de coordinar e supervisar o cumprimento da lexislación do depósito legal. 

Nas páxina sobre depósito legal do portal web da Biblioteca de Galicia pódese consultar máis información sobre que tipo de obras son obxecto do depósito legal, o procedemento de tramitación, a normativa que o regula, os enderezos das oficinas de depósito legal e os centros de conservación.

Ir á páxina de depósito legal en bibliotecadegalicia.xunta.es