Busca

Páxinas

04/08/2017

Hércules Brass Ensemble e Rubén Simeó, xunto coa Banda Municipal de Celanova, poranlle o ramo a un programa que ofreceu nove espectáculos desde o 31 de xullo

Recoñecidos profesionais de trombón, trompa, tuba ou trompeta e preto de 90 alumnos e alumnas de música participaron este ano no encontro, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación

 

04/08/2017

A Agadic colabora coas agrupacións do colectivo XOC (Xacarandina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos) no desenvolvemento deste programa, que busca transmitirlles aos espectadores a riqueza da música e o baile tradicionais

O Auditorio de Torroso de Mos acolle este domingo o espectáculo de O Fiadeiro, mentres que Xacarandaina preséntase o día 15 en Ribadeo e o 26 en Ortigueira, e Cantigas e Agarimos o 27 en Sanxenxo

 

03/08/2017

A Dirección Xeral de Patrimonio vén de resolver o expediente para a preservación deste ben inmoble que data de 1924

O cine inclúese no Catálogo coa categoría de Monumento

02/08/2017

Román Rodríguez visitou a rodaxe do filme,  que acaba de obter unha subvención de 240.000 euros a través da Agadic

02/08/2017

A banda catalá presentará este venres na Cidade da Cultura o seu último traballo ‘Jo Competeixo’ xunto temas que colocaron o grupo no máis alto das listas

Mañá xoves, día 3, retómase o cinema ao aire libre cunha homenaxe a The Who coa proxección do mítico filme ‘Quadrophenia’, acompañada dunha pinchada a cargo de Morcego DJ

As letras e melodías indies do dúo Espanto pecharán o sábado o ciclo desta semana

 

31/07/2017

Esta 28ª edición contará  cos últimos traballos de Chévere, Redrum Teatro, Inherente Teatro, Triatreros e Sergio Pazos

O certame obtivo subvención da Consellería de Cultura e Educación a través da convocatoria da Agadic para festivais de artes escénicas

 

30/07/2017

O conselleiro de Cultura e Educación destacou o papel destas agrupacións como embaixadores de Galicia noutros países e culturas

O presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas puxo en valor este certame como “oportunidade para fixarse novos obxectivos técnicos e interpretativos”

 

30/07/2017

Cultura programa unha ampla oferta para todos os públicos que se pode consultar na Axenda de Cultura de Galicia

29/07/2017

O conselleiro de Cultura e o presidente da Fundación Rosalía de Castro veñen de asinar un convenio polo cal o Goberno autonómico achega 120.000 euros para realizar diversas actuacións de acondicionamento e reforma

Con esta intervención búscase que tanto as actividades da fundación como as visitas á casa poidan desenvolverse nas mellores circunstancias posibles

28/07/2017

A mostra itinerante, promovida pola Fundación Carlos Casares co apoio da Xunta de Galicia, poderá visitarse no auditorio municipal ata o 3 de setembro