Busca

Páxinas

  • Cartel de Xardín suspenso
11/03/2015

A nova produción do Centro Dramático Galego poderá verse no Salón Teatro desde este venres e ata o 29 de marzo, data a partir da que desenvolverá unha xira por unha decena de escenarios que concluirá a finais de maio en Lisboa

César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos interpretan este premiado texto, un drama sobre o desamor que indaga tamén nas tensións e contradicións das relacións familiares

  • Continuidade da liña de axudas ás industrias culturais a través da Agadic
10/03/2015

O conselleiro de Cultura e Educación anuncia unha partida a través de Agadic próxima aos tres millóns de euros 

  • O CGAI proxectará un falso documental sobre Picasso
10/03/2015

Co gallo da exposición 'O primeiro Picaso. 2015' o novo ciclo arranca na sede da Filmoteca de Galicia con ‘Fraude’, o filme de Orson Wells sobre o falsificador de cadros Elmyr de Hory que é, á súa vez, un falso documental sobre Pablo Picasso

O programa desenvolverase ata mediados de abril arredor dunha decena de títulos, a través dos que se propoñen diferentes vías de achegamento ao universo pictórico máis alá das películas biográficas máis convencionais

  • O Centro Coreográfico Galego participa no programa TRC Danza
07/03/2015

O CCG está presente como socio en actividades de difusión por toda a cidade da Coruña

A unidade de produción da Agadic acollerá ademais unha acción formativa a cargo da compañía Proyecto Titoyaya dentro do apartado Programación Expandida

06/03/2015

A EEI de Sarria, o CEIP Canosa-Rus de Coristanco, o CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño e o CEIP de Merza de Vila de Cruces recolleron cadanseu seu premio na Casa da Matanza

A EEI O Grupo de Marín, o CEIP Juan Fernández Latorre da Coruña e o CEIP Xoán de Requeixo de Chantada recibiron senllas mencións especiais outorgadas polo xurado á vista da alta calidade dos traballos presentados á III edición do concurso

  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica
06/03/2015

Farase un percorrido pola prehistoria, onde varios guías especializados conducirán aos visitantes polo castro de San Cibrao e pola exposición estable do Centro de Interpretación

  • II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea: 'Rururbania Salnés', de José Romay
05/03/2015

Berto Macei e Jose Romay son os autores dos traballos premiados, que foron presentados hoxe na Galería PhotoArt de Ourense

  • Las calles corrían por las calles
04/03/2015

A compañía actúa en Vigo ata o domingo día 8 para iniciar despois unha ampla xira por España e México

Artús Rei, Raquel Fernández e María Costa interpretan a montaxe dirixida por Pedro Fresneda a partir dun texto de creación propia
 

  • Imaxe da mostra GTB.Outra mirada
03/03/2015

Un total de 60 imaxes conforman a exposición, comisariada por Lucía Alcaina e Begoña Álvarez

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, mantiveron hoxe unha primeira xuntanza de traballo para abordar o desenvolvemento dos diferentes proxectos que ambas as dúas entidades teñen en marcha, así como para abrir novas vías de colaboración
03/03/2015

A promoción exterior da cultura galega buscando vínculos coa lusofonía e o fomento do galego entre os escolares serán liñas prioritarias da cooperación entre ambas entidades