Nova: Expertos en patrimonio debaten sobre as ferramentas legais para a súa protección

26/10/2017
Expertos en patrimonio debaten sobre as ferramentas legais para a súa protección
Santiago acolle a Xornada sobre o Patrimonio Cultural que congrega a maxistrados, xuíces e fiscais e responsables da administración autonómica
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017.- A Xornada sobre expertos xuristas e representantes da Xunta de Galicia afondan hoxe en Santiago sobre a protección do patrimonio e as ferramentas legais dispoñibles para tal fin, no marco da ‘Xornada sobre o Patrimonio Cultural’ dirixida a maxistrados, xuíces e fiscais.
Por parte da Xunta de Galicia tamén participaron o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, -que abordou o papel dos distintos departamentos da administración autonómica- ; e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, que foi a encargada de abrir a Xornada.
Este encontro ten por obxecto buscar un espazo de diálogo entre a administración de Xustiza e a Administración da Xunta de Galicia no que debater, suxerir e mellorar os protocolos de actuación no que se refire á protección do patrimonio cultural.
Durante todo o día os expertos afondarán nas novidades que incorpora a Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, na xurisprudencia nesta materia, e os delitos sobre o patrimonio.
Ademais dos representantes da Xunta de Galicia, tamén interveñen a maxistrada da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dolores Rivera Frade; e o fiscal delegado de Medio ambiente, Urbanismo, Patrimonio e Incendios de Galicia, Álvaro García Ortiz.
Esta xornada terá continuidade con outros encontros similares que estarán dirixidos a distintos colectivos vinculados co patrimonio, como son os corpos de seguridade e protección.