Nova: Bolanda edicións publica unha edición revisada e aumentada de Contos vellos para rapaces novos, de Neira Vilas

08/06/2016

Bolanda edicións publica unha edición revisada e aumentada de Contos vellos para rapaces novos, de Neira Vilas

O libro está composto por unha escolma de trinta e cinco relatos, a partir de historias de transmisión oral de todo o mundo, e con ilustracións de Antía Barba Mariño

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe no Hotel Monumento San Francisco na presentación do libro ‘Contos vellos para rapaces novos’ de Xosé Neira Vilas O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe no Hotel Monumento San Francisco na presentación do libro ‘Contos vellos para rapaces novos’ de Xosé Neira Vilas

Santiago, 8 de xuño de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou no Hotel Monumento San Francisco na presentación do libro ‘Contos vellos para rapaces novos’ de Xosé Neira Vilas. A obra, publicada nun volume de gran formato por Bolanda Edicións e con ilustracións de Antía Barba Mariño, é a versión revisada, aumentada e definitiva deste título que o escritor cruceño dera ao prelo por vez primeira en 1983 en Edicións do Castro. En palabras de Román Rodríguez, este libro é “unha auténtica obra de arte” que conta cun singular valor conmemorativo, posto que o proceso compilador, realizado polo propio Neira, concluíuno na Habana en 1966, e hoxe, xusto 50 anos despois, ve a luz esta completa e coidada edición.

O conselleiro –que estivo acompañado polo titular da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; polo presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luís Reimóndez; polo director de Edicións Bolanda, Antonio Couto; e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García– reivindicou o traballo de Neira Vilas ao longo da súa vida “como difusor da literatura de tradición oral entre a mocidade.” Un labor que fixo, en palabras de Román Rodríguez, “coa convicción de que deste xeito a lingua e a cultura de noso gañarían o seu futuro”; sabedor do papel decisivo que xoga esta literatura no coñecemento da idiosincrasia dos pobos, da súa historia e dos seus valores.

35 relatos de transmisión oral
O libro reúne trinta e cinco relatos escritos por Neira Vilas a partir de historias de transmisión oral de diferentes pobos. Neste sentido, o autor de Gres recrea mostras da narrativa tradicional de comunidades pertencentes aos cinco continentes, dende a Europa albanesa, eslovaca ou ucraína até as afastadas Nova Zelandia ou Australia, pasando polas asiáticas Birmania, India ou Xapón, as africanas Liberia, Malí ou Nixeria e narracións brasileiras, cubanas ou peruanas, entre outras.

O volume complétase cun glosario de indixenismos e voces pouco frecuentes que facilita a lectura da obra e un prólogo que o propio Neira Vilas escribira apenas uns días antes do seu pasamento, en novembro do pasado ano.

Comparte