Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Se non o conto rebento

O show de Serxio Pazos combina crítica social con risas descontroladas e anécdotas da vida. Analiza os problemas sociais cunha óptica diferente cos recortes e a política como tema de fondo. Durante a súa función, o actor realizará unha detallada explicación sobre a forma de ser dos galegos e a súa forma de comprender o mundo.

Entrada: 8 euros

Galego

Memorias dun neno labrego

A obra de Xosé Neira Vilas, un dos libros máis singulares da literatura galega, en versión teatral con adaptación e textos complementarios de Cándido Pazó.  É o que ofrece este espectáculo "Memorias dun neno labrego", un emotivo e divertido espectáculo no que Cándido Pazó mestura a súa experiencia como autor, actor e director coa de contador de historias e monologuista. 

As entradas teñen un prezo de entre 6 e 10 euros en venda anticipada. O día da función o prezo será de entre 6 e 12 euros. 

Galego

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderne é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal.

A partir dos textos de Manuel María, neste espectáculo teatral constrúese unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe.

Galego

Ojo clínico

Comedia dirixida por Noemí Aedo na que dúas irmás en paro, avogada e psicóloga, abren un despacho profesional ao que acuden para resolver os seus problemas un variado grupo de "chifletas".

A duración da obra é de aproximadamente 1 hora.

Galego

A forma das cousas

Trátase da primeira comedia teatral da produtora La Yogurtera SL, con dirección e adaptación de Carlos Álvarez-Ossorio sobre o texto do estadounidense Neil Labute.

A montaxe é unha comedia negra que pescuda ao redor dos límites do amor, da arte contemporánea e das aparencias.

Cun elenco formado por Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez e Machi Salgado, ‘A forma das cousas’ desenvolve unha trama ao redor de catro personaxes que se ven envoltos nunha serie de accións nas que a manipulación afecta as relacións interpersoais, a amizade e mesmo a evolución humana.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro