Querido Tomás
O Salón Teatro de Santiago abre a súa carteleira de 2016 coa estrea desta primeira adaptación teatral da novela homónima de Xosé Neira Vilas. Con esta función, culmina o proxecto posto en marcha por Noelia Toledano xunto ao propio Neira Vilas e que agora se presenta ao público como homenaxe ao autor de Vila de Cruces, falecido o pasado 27 de novembro.