Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Pinocchio

Historia dun neno libre, sen prexuízos nin complexos, desobediente e traveso, pero, á vez, inxenuo, moi inxenuo.

Geppeto, co instinto protector dun pai, tenta velar pola súa educación. En cambio, Pinocchio, desobediente, verase inmerso en diversas aventuras, que o farán crecer e madurar como persoa ata acabar extenuado e, practicamente... cun final sorprendente.

Esta é unha interpretación que La Baldufa fai do texto orixinal de Carlo Collodi. Un conto que permite reflexionar sobre valores como a educación, o esforzo, a responsabilidade e a sinceridade.

Galego

Los músicos de Bremen, El Musical

Un can rapero, un burro contrabaixista, unha gata que é cantante de jazz e un galo pianista. Todos eles, unidos pola exclusión social e todos eles cun obxectivo común: buscar a cidade dos seus soños para atopar a felicidade.
É a historia creada polos Irmáns Grimm contada desde unha óptica distinta onde as personaxes pertencen a distintos grupos sociais como o emigrante, o gai, etc. Emprenden o camiño ao seu destino, que non é Bremen, senón estar xuntos.

Galego

Buena Gente

A vida real, onde a boa xente non vive en mansións de luxo, non conduce coches deportivos e onde, cada mes, fai malabarismos para pagar as súas facturas.

Esta obra narra a vida de Margarita, unha muller de case sesenta anos, nai solteira dunha moza discapacitada de corenta, cuxos únicos respiros son os intres que pasa no bingo merendando coas súas amigas.
O problema é que nin sequera sabe se vai poder seguir indo alí polas tardes porque acaba de ser despedida, e na vida real non hai moitas ofertas de traballo para unha muller da súa idade e sen estudos.

Galego

A Canoa

Versión portuguesa da obra de Cándido Pazo que el mesmo dirixiu para a compañía A Escola da Noite de Coimbra

A Canoa (A Piragua, título orixinal) foi escrita e presentada por primeira vez en Santiago de Compostela en 2007, nunha produción do Centro Dramático Galego. A partir dunha historia medio absurda -o desconcerto dun home co feito de que un veciño garde unha canoa no seu garaxe-, A Canoa afonda no problema da violencia de xénero e na forma en como se relaciona co conxunto de normas, máis ou menos explícitas, en que todos nos movemos.

Galego

Falándolle a un espello

O mundo desapareceu e só queda un único supervivente que descobre novas oportunidades e  retos, pero tamén moitas ausencias. Este é o argumento de Falándolle a un espello, escrita por Diego Freire, que tamén é protagonista. A dirección corre a cargo de José Campanari, escritor e autor tamén de obras infantís premiadas.

Sinopse: Marcharon... todos... Non queda ninguén quero dicir ninguén... Vaia! Por fin! Agardo que non volvan! Un novo mundo aos meus pés só para min. Actualizo! Reinicio! Avanzo! Un... dous... tres...Premio!!! 

 

Galego

Irmás SL

Debut de Estrella Naseiro e Carmen Gómez coa representación de Irmás S.L, dúas xubiladas modernas no mundo dos guasás e os internés, unha comedia costumbrista do século XXI.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro