Rumpelstikin, o anano saltarín
A pobreza mudouse a vivir a un pobo afastado. Os labregos dese lugar quedaron sen un só gran despois de lle pagar os impostos ao rei. O único que consegue darlle unha malleira á odiosa convidada é o vello muiñeiro. Este vese involucrado nun accidente fortuíto cun mozo nobre que regresa ao castelo. Aproveitando esta ocación única o muiñeiro revélalle a incrible habilidade da súa filla, que pode “fiar de calquera herba seca, un fío de puro ouro”. Deste modo Esperanza chega ao pazo. Por orde do rei, a moza debe confirmar as palabras do seu pai.