Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cosas de Mamá y Papá

Dous viúvos coñécense na consulta dun médico, ao que asistiron afectados dunha chea de enfermidades que en realidade non teñen, pero que a súa terrible soidade e tristeza failles padecer. Na consulta namóranse e comezan un doce romance, ao cal se opoñen rotundamente o fillo del e a filla dela. O médico, convértese en aliado destes dous doces personaxes facendo ver ao espectador, o importante que a compañía e o agarimo son a calquera idade.

Galego

A visita da vella dama

A visita da vella dama arranca coa chegada da multimillonaria Clara Zachanassian a Güllen ao pobo da súa infancia, convertido agora nun lugar miserable e decadente. Os seus habitantes, que viven sumidos nunha profunda crise e pasan os días lembrando con nostalxia tempos máis felices, agardan con impaciencia a visita da súa paisana máis ilustre, a quen ven como a salvadora que os rescatará da súa terrible situación.

Galego

Breve-mente

Primeira incursión do grupo Agarimo Teatro no xénero do microteatro.
O espectáculo conta de seis historias breves que abordan, durante algo máis de unha hora, diferentes prolemáticas da vida cotiá baixo a visión dun humor ácedo que nunca xera indiferenza.
Sorpresa e gargalladas garantidas.

Galego

Maltratadas

Trátase da historia de tres mulleres, Sara, Rosalía e Gema, tres mulleres, ben diferentes, ben semellantes…

O obxectivo da obra é poñer o foco na necesidade de comprender que a violencia de xénero, non é un problema de mulleres, é un problema de toda a sociedade. E é necesaria a implicación de todas e todos para poñerlle fin, dunha vez para sempre.

Galego

Play. Historia de Mestre e Pupilo

Despois da súa exitosa reinterpretación de Robinson Crusoe, Bandullo Azul regresa aos escenarios da man de Evaristo Calvo para presentarnos a historia de Maestro e de Pupilo.
Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando por todo o mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatrino, pero non vén só. Decidiu fai un tempo que hai de retirarse e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor.  

Galego

Hansel, Gretel y la Casita de chocolate

Alemaña, Medievo. Os irmáns Hansel e Gretel pérdense no bosque mentres recollen fresas. Os seus pais saen na súa busca, medorentos de que os nenos caian nas garras dunha malvada bruxa que habita no bosque. En efecto, os irmáns chegaron ata unha casa feita de doces e chocolate; nela vive a malvada bruxa, que captura aos nenos, coa evidente intención de que sexan o ingrediente principal dun exquisito pastel.

 

Galego

Kafka enamorado

Kafka Enamorado presenta unha historia real e complexa que rematou de forma dramática ante a imposibilidade de realización do amor que sentían Franz Kafka e Felice Bauer. Felice, unha muller moi moderna na súa época, directiva dunha firma comercial de Berlín, en continua viaxe de negocios, económicamente independente, coñeceu a Franz na casa de Max Brod, amigo común que daría a coñecer a Kafka ao mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro