Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O Manual da Felicidade

A asociación é un grupo cultural da Universidade de Minho, en Braga, con 25 anos de historia e que, nos últimos anos, está a traballar, baixo a orientación artística de João Negreiros (escritor, actor e director portugués), na produción e divulgación da arte a través de espectáculos, curto-metraxes e performances inéditas.

Galego

Desconexión

Sinopse: O individuo 724/2013 FK3 cumpre a súa condena conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar. Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión, sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara á liberdade e converterse nun ser humano. Ata que escoita unha voz sensual que o fai saír da súa gaiola e emprender unha viaxe cara ao descoñecido. Por fin atopou unha vía para desconectar.

Galego

Calypso

Elenco: José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres

Sinopse: M, H e J crean a realidade antes de que nos levantemos cada mañá para vela. Perdemos a realidade cada noite, xusto cando a última persoa de cada poboación dorme.
Primeiro poñen o chan: as lastras, as beirarrúas e o asfalto. Levantan as casas con moito coidado de que todo estea exactamente como estaba onte, porque se non sería confuso para todos.

 

 

Galego

Los malditos

Elenco: Gutavo Saffores, Emilio Buale, Quique Fernández e Soraya G. del Rosario. 

Los Malditos lévanos polo submundo que transcorre detrás dos grandes movementos de seres humanos no planeta: dende a escravitude ata a trata de mulleres, pasando polo tráfico de órganos e outros drmas aos que se expón os que abandonan os seus países en situación de vulnerabilidade absoluta.

Galego

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

Intérpretes: Vanesa Rivas e David Pernas

Berenguela é unha alegre e traste espiña de toxo .Atópase coa arrogante folla de carballo e decide xogar con ela. Pero esta folla desprézaa.
A discusión acaba en pelexa e a folla de carballo denuncia á espiña.
Esta peza de teatro distribuída en nove actos breves, ademais de ser líricamente moi fermosa, sinala unha forte crítica social: a do abuso do poder, onde os argumentos non importan ante a forza dos poderosos

Galego

Xeado de lúa

Sinopse: Unha noite de verán un pastor noviño entrou no bosque buscando unha ovella que se lle perdera.  Veña a dar voltas e voltas e de súpeto decatouse que estaba el tamén perdido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro