Teatro Invisible
Teatro Invisible é onde se amosan as principais chaves do teatro de Ana Vallés e Matarile Teatro, o espectáculo estreouse no Festival ALT de Vigo en 2014.
Neste espectáculo prodúcese o encontro directo entre o público, os artistas e a creadora xa que está pensado para que o público comparta escea e se involucre na propia representación.