Lavandeiras
Elenco artístico: Vero Rilo e Carlos Quintá
Un espectáculo cheo de amor, humor e emoción.
Elenco artístico: Vero Rilo e Carlos Quintá
Un espectáculo cheo de amor, humor e emoción.
Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo.
Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Dabopapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían.
Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas desde a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.
Elenco artístico: Isabel Risco e Fran Rei
Culturactiva presenta a Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor galego a través dun texto de Diego Rey.
Retrincos de Castelao ofrécenos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.
Autor: Juan Mayorga
Dirección: Jorge Sánchez
Reparto:
Mabel del Pozo
Juanma Diez
Xoel Fernández
Anibal Soto
Voz en Off: José Coronado
Escrita por Juan Mayorga en permanente diálogo co seu director Jorge Sánchez, é interpretada por Mabel del Pozo, Juanma Díez, Xoel Fernández e Aníbal Soto. Conta coa colaboración de José Coronado (voz en off) e a asistencia de dirección de Marta Cuenca.
Este proxecto céntrase na investigación do teatro rural amateur e infantil, así coma na creación dende o 2014 de espectáculos para tódolos públicos.
Juan Manuel Frade e Beatriz Rodríguez, xunto con Cristina Collazo formaron parte da primeira peza da compañía, O Circo dos Contos. Na actualidade, Pilar Abades e Cristina Collazo continúan o proceso.
Contacontos lúdico e divertido confeccionado a partir de contos populares e tradicionais que provocarán as gargalladas do público e de paso axuda á transmisión e conservación do rico patrimonio oral galego.
Contos de raposos, de meigas, de Pedro Chosco e doutras “criaturas galaicas”.
O ESPECTÁCULO
O espectáculo do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O teatro, a música e a manipulación danse a man neste espectáculo de rúa no que a participación do público é fundamental e está garantida.
Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas
Espectáculo innovador de teatro, música e humor onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo...ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, dirixido a un público infantil e familiar.
A parte activa deste espectáculo somos Os Tres Tenedores contando tamén coa colaboración dos rapaces e rapazas.
Un cociñeiro, un camareiro e un xefe de cociña amosarannos o seu singular método de elaborar un menú no prestixioso restaurante Os Tres Tenedores.
Unha adaptación do espectáculo “Cocido Sinfónico” que conta coa mesma esencia, mantendo a mesma trama, pero con outro tipo de recursos materiais e artísticos.
Actuación dentro do programa Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.