A maleta viaxeira
Este espectáculo está cheo de aventuras, ilusión, sorisos e maxia.

Este espectáculo está cheo de aventuras, ilusión, sorisos e maxia.
Sinopse: Ata onde pode chegar unha persoa coa súa dignidade? O xogo pode ser descuberto no encontro co público.
Manolo lévanos a través do presente e do pasado, a través dunha traxicomedia, que se converte no primeiro espectáculo da compañía CoTeatro.
Máis información, aquí.
As 16 escenas deste espectáculo xorden das páxinas dos diarios, das voces da radio, das conversacións a media voz de familiares e amigos. Os seus rostros atópanse na prensa, nos medios dixitais, nas reportaxes televisivas, nos descoñecidos cos que nos cruzamos a diario.
É a paisaxe vital do que os economistas chaman Gran Recesión.
Autora: Adela Turín
Directora: Paula Carballeira
Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da libertade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Un espectáculo para Ler conta moito onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Rios, Rubén Prieto e David Creus.
Dirección: Roberto Salgueiro
Dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas cociñan en colaboración co público, un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa... ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.
Espectáculo de Trécola Teatro para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Nenos e nenas: 4 a 10 anos
Un orixinal espectáculo para o programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia, onde as mans non pararán de falar. Mans é un espectáculo de teatro e narración oral, onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.
Nenos e nenas: 4 a 10 anos
Os ratos da biblioteca que encarna este espectáculo para Ler conta moito proceden de Lonxedetodo, lugar onde os libros e a lectura son moi importantes na vida da comunidade.
Os obxectivos desta actividade son promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos e nenas a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos.
Nenos e nenas: de 3 a 8 anos
Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar coa música do grupo Mamá Cabra, e coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas.
Nesta ocasión para Ler conta moito e na compañía de Iago Rodriguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.
Nenos e nenas: de 2 a 10 anos
As historias do Kamishibai están apoiadas por revisións persoais sobre o Kamishibai, a técnica de pergamiño ilustrado (emaki) ou teatro de obxectos, ou teatro francés de papel e as técnicas de despregabres pop-up, configurando un mundo máxico no ollo do espectador.
Nenos e meniñas: a partir de 3 anos.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.