Des-Enlace
Alicia Castelo
Martín Parga
Brais Pedreira
Fran Kanhotas
Clara Rei
Alba Mancebo
Emma Fernández

Alicia Castelo
Martín Parga
Brais Pedreira
Fran Kanhotas
Clara Rei
Alba Mancebo
Emma Fernández
Sinopse: Chega o Nadal a Santiago de Compostela, e con el as panxoliñas, o turrón, as pagas extras e o tradicional rapto do Neno Xesús do Belén. Nestas datas ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví,unha entrañable xubilada, contrata a dous profesionais para que lle fagan compaña. Arturo, unha vella gloria con delirios de grandeza, é un asiduo nas festas de Mariví. Pero para Nico, un estudante con escasos recursos, é a primeira vez. Para todos, esta Noiteboa será difícil de esquecer.
Ficha artística:
Autoría: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
Tradución: Xosé Manuel Pazos
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Machi Salgado
e Pepa Barreiro
Elenco: Helena Varela e Xosel Díez
Un home sixiloso (Merlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e impregnado de corrupción política.
Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viches
Intriga, corrupción, asasinatos... e unha fuxida inesperada.
· cine en vivo · performance · marionetas · obxectos · sombras ·
· proxección de video · imaxe, son e música en directo
• SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móviles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móvil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen estar aferradas ao celular.
Dúas actrices escenifican con botellitas de augas, palanganas, esponxas e outros obxectos unha suxestiva adaptación do conto de Hans Christian Andersen. Unha versión onde a sirenita non terá que renunciar á súa natureza nin ao seu don máis prezado, a súa voz, para deixarse levar pola marea do amor.
Autora: Adela Turín
Directora: Paula Carballeira
Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da libertade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.
A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un feixe de historias por descubrir.
Espectáculo dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Autor e director: José Prieto
Celso Parada, Merce Castro, Avelino González, Iolanda Muíños, Federico Pérez
Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.
Penev é unha obra sobre persoas de segunda man, usadas, cansas. Un álbum de cromos sen terminar é como quedar segundo. Un pensa que o vai a conseguir pero non é así.
En Penev fálase do pasado idolatradado, dun guateque, dos Spotniks, de Fraçoise Hardy, dunha beirarrúa, de Penev, de Arias, de Belodedici... Fálase de fútbol e de teatro.
Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios.